Site icon Crónica3.com A Mariña

A selección do Xapón de fútbol sala enfrontarase a un combinado da Mariña en Burela o día 27

Nota de pensa

O FÚTBOL SALA MARIÑÁN MEDIRASE Á SELECCIÓN DO XAPÓN O 27 DE MARZO, EN VISTA ALEGRE

O pavillón burelao Vista Alegre acollerá un amigable entre a selección do Xapón e un combinado da Mariña o domingo 27 de marzo (19.30 horas), coa organización do CD Burela FS e coincidindo coa xornada de descanso do equipo laranxa de Prata. A entrada ao encontro será gratuíta.

Baixo as ordes do técnico burelista, Suso Rey, xogadores do Concello de Trabada FS (Primeira Nacional B), CD Rececende Superti-A Pontenova (Primeira A) e Burela FS configurarán o cadro que se medirá ao combinado do español Miguel Rodrigo.

O devandito amigable está integrado na xira futbolística que a selección do Xapón fará por Portugal e España entre o 19 de marzo e 1 de abril, cun total de oito encontros.

Na convocatoria de Miguel Rodrigo están incluídos os xaponeses Kensuke Takahashi e Shota Hoshi, que actualmente militan no Gestesa Guadalajara da División de Honra.

Exit mobile version