Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta prevé licitar e adxudicar este ano a unha fase do saneamento da parroquia da Lagoa en Alfoz

NOTA DE PRENSA

Emilio Lousas mantivo unha xuntanza no Parlamento de Galicia con Agustín Hernández, titular da Consellería MATI

O ALCALDE ACADA O COMPROMISO DO CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE PARA EXECUTAR O SANEAMENTO DA PARROQUIA DE LAGOA

* A obra que se executará en dous fases conta cun orzamento de 858.364,23 euros.

* A Xunta prevé licitar e adxudicar a primeira fase desta obra no presente exercicio orzamentario.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2011.- O Alcalde de Alfoz, Emilio Lousas, vén de acadar o compromiso do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (MATI) para executar a obra de saneamento da parroquia da Lagoa.

O devandito compromiso materializouse no día de hoxe nunha xuntanza mantida polo rexedor municipal co titular da área de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, nas dependencias do Parlamento galego.

Segundo explicou Emilio Lousas a administración autonómica executará en dúas fases as obras de saneamento da parroquia de Lagoa, actuacións para as que conta cun investimento global de 858.376,23 euros. Xa no presente exercicio orzamentario se prevé a licitación e a adxudicación da primeira fase da obra.

O alcalde agradeceu a receptividade do conselleiro de Medio Ambiente e indicou que con esta actuación se avanza na mellora e ampliación da rede de saneamento municipal. Lousas salientou que beneficiaranse desta obra o conxunto dos veciños da parroquia de Lagoa cun censo superior aos 370 habitantes.

Exit mobile version