Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo para participar no XXVII dia do Xubilado en Cervo

Nota de prensa:
Aberto o prazo para participar no XXVII dia do Xubilado

Dª. Pilar Armada Carrete, concelleira delegada de Asuntos Sociais do Concello de Cervo, INFORMA:

Que o vindeiro 1 de maio de 2011 celebrase no Concello de Cervo a XXVII Edición do Día do Xubilado.

Os REQUISITOS para poder participar nesta celebración son os seguintes:

* Ser pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez ou viuvez.
* Poder valerse por si mesmo.
* Estar empadroado no Concello de Cervo.

A DOCUMENTACIÓN que deberá acompañar á solicitude será a seguinte:

* Fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe (se procede).
* Fotocopia da cartilla de pensionista do solicitante.

As persoas interesadas poderán inscribirse na Casa do Concello ou na Casa da Cultura de San Ciprián.

PRAZO DE INSCRIPCIÓN: do 14 de marzo ao 15 de abril de 2011.

Nas semanas previas e esta celebración organizaranse distintas actividades para os maiores do concello. Estas actividades consistirán en campionatos de tute e parchís. O PRAZO de inscrición para PARTICIPAR nestes campionatos será do 14 ao 25 de marzo de 2011 nos lugares de inscrición antes mencionados.

Exit mobile version