Site icon Crónica3.com A Mariña

Alédase o PP de que o BNG se sume á defensa do sector pesqueiro

Nota de prensa:
O discurso contraditorio nacionalista en evidencia
O PP ALÉDASE PORQUE O BNG RECTIFIQUE E SE SUME AGORA Á DEFENSA DO SECTOR PESQUEIRO GALEGO

* Os nacionalistas non actúan igual na nosa comarca que no Parlamento de Galicia,onde se negaron a apoiar unha iniciativa plenaria popular, na que se instaba ao Ministerio a renegociar as cotas e límites de captura das principais especies pesqueiras.

A Mariña, 3 de marzo de 2010.- O Partido Popular da Mariña amosou a súa satisfacción porque o BNG teña rectificado e se sume agora á defensa do sector pesqueiro moi prexudicado pola nefasta negociación do Goberno central no Consello Europeo no que se determinaron as cotas e límites de captura para as principais especies pesqueiras.

Os populares deron á benvida aos nacionalistas que no día de onte amosaron a súa preocupación polas consecuencias que pode ter para o sector pesqueiro da Mariña, en materia de emprego, o peche da pesqueira da xarda, así como os recortes na cota de lirio.

Desde o PP eso si cinguen a súa felicitación aos nacionalistas de Foz, autores desta rectificación, xa que lembran que os seus compañeiros do BNG no Parlamento de Galicia, na pasada semana, negáronse a apoiar unha iniciativa plenaria do PP na que precisamente se instaba ao Estado a renegociar estas cotas –para que se incrementara o número de toneladas de captura permitida- e se expresaba un pronunciamento de apoio decidido á flota pesqueira galega.

Desde o PP lamentaron tamén que esteamos ante un novo caso do dobre discurso dos nacionalistas que, volven a dicir unha cousa diferente aquí que en Santiago. E sinalan que este comportamento contraditorio leva a afianzar a idea de pouca credibilidade que xa de por si ten esta formación política nacionalista entre os galegos.

Exit mobile version