Site icon Crónica3.com A Mariña

Alesancia, Maktubikan, Habelas Hainas e La Ley de Hooke nun conceto pola igualdade en Ribadeo

Nota de prensa

CATRO GRUPOS PARTICIPARÁN FINALMENTE EN RIBADEO NO CONCERTO UNINDO VOCES POLA IGUALDADE, QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO DOMINGO.

Ribadeo, 18 de marzo de 2011. O Concello organiza o concerto Unindo voces pola igualdade para conmemorar o día internacional das mulleres. Será o vindeiro domingo 20 de marzo ás oito da tarde no Cine Teatro de Ribadeo.

O evento contará coa participación de catro formacións integradas por mulleres. Trátase de Alesancia, Maktubikan, Habelas Hainas e La Ley de Hooke. Éste último é un grupo de rock formado por mulleres, que se presentou públicamente hai uns días.

A entrada para asistir a este concerto é gratuita.

Exit mobile version