Nota de prensa
VII. Xornada da LNB NorLeste
Como preludio da primavera que chega, o astro sol xunguiuse o carro da LNB e brilou toda a tarde, para alumear a un renacido Markytos, moi necesitado de puntos, e guialo cara a victoria final. Xa era tempo de que o vixente campión nacional (o único que ata o de agora foi quen de acadar por dúas voltas o campeonato nas finais de Conxo) voltara para darnos unha tarde de gloria con golpes además de efectivos moi difíciles e vistosos e facendo dous espectaculares varados gracias os que conseguiu doblegar primeiro a Geni e logo a Eric par acadar a final.
Desta volta e debido a cantidade de palanadores, xogouse unha final a catro e acompañando a Markytos coláronse tamén dous compañeiros de equipo (Billardeiros Musicais), Daniel e Hugo; o carto en disputa foi o Bateas incombustible, Xan Rodiño, un habitual das finais en tódalas conferencias: domina no Centro, manda na Bezouqueira e cos puntos de onte supera a Guille na clasificación individual e acada tamen o primeiro posto na conferencia Norleste, ainda que compartido con Daniel. Disque o seu verdadeiro apelido non é Rodiño senón “Rolo ou Rodillo”. Un verdadeiro campión que por riba de sacar os mellores golpes cando lle fan falla, conta tamén coa sorte dos campións (por dúas veces lle sorreiu en Mondoñedo, un golpe que iba fora petou nun canto da pista e tornouse en varado e doutra volta foi unha billarda no chan a que impediu que a súa saira polo fondo). Pero desta volta nin os bos golpes nin a fortuna foron dabondo e tivo que ceder ante un crecido MARKYTOS que non se deixou amedrentar e merecidamente fixo seu un triunfo que buscou toda a tarde.
Houbo agasallos para os tres primeiros, un pratiño conmemorativo e mais uns libros, cedidos graciosamente polo Concello de Mondoñedo, e o campión poido degustar a deliciosa tarta patrocinada por Txomin.
Noraboa a tribu billardeira por iste novo éxito. Tardes como ista son as que fan afición. Emplazamosvos a todos para a vindeira cita o 16 de abril en Lugo ca posibilidade de que tamén ó 17 se faga un aberto non puntuable en San Miguel de Reinante. Adiante co Varal!