Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP de Burela que “de cada cen euros que se gasten, oito non chegarán a ingresarse”.

Nota de prensa:
“O alcalde despilfarra e gasta máis do que tén”, afirma Barcia.

O portavoz popular afirma que o bigoberno burelés gastou en 2010 cen millóns de pesetas en gastos diversos.

Asegura que “de cada cen euros que se gasten, oito non chegarán a ingresarse”.

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela, José María González Barcia, afirmou hoxe que os presupostos municipais para o presente ano 2011 confirman que o alcalde e o bigoberno burelés gastan máis do que teñen, o que está a provocar moito retraso no pago de facturas, e usan os cartos de todos co fin exclusivo de sacar rédito electoral e partidista.

Barcia considera que o alcalde e a súa forma de actuar son a viva representación de Zapatero: despilfarro e ausencia total de toma de decisións que corten dunha vez o derroche económico.

No que se refire ó capítulo de gastos, o presuposto é claramente electoralista e so busca rendabilidade electoral, porque os datos son concluintes:

– En primeiro lugar, o capítulo de gastos diversos arranca cunha previsión de gasto de 362.196’50€. É certo que nese capítulo hai actividades que teñen contrato, pero a maioría dos cartos escapan a calquera tipo de control político (póñase como exemplo os célebres calendarios “fotográficos” editados polo Nadal). Pero podemos decir que eses cartos non chegarán a nada, porque en 2010 as previsións iniciais de gastos diversos foron de 286.996’24€, pero as previsións definitivas foron de 585.947’80€, ou sexa nada máis e nada menos que se gastaron en gastos diversos un total de noventa e sete millóns e medio de pesetas; e non contentos con esto, ainda gastaron máis, porque realmente gastaron 589.525’34€; do que teñen pendiente de pagar un total de 330.872’83€. Gastan, pero non pagan. Porque non entran suficientes cartos no concello, dito de outra forma, porque se gasta máis do que hai.

Eso sí, agora xa non hai as axudas dos corenta euros para o comenzo de curso, e os colectivos e asociacións seguen sen contar con subvencións.

– En segundo lugar, aumenta no seu conxunto a partida de gastos en bens correntes e servicios, que pasa de 2.209.621’24€ a 2.451.494’83€, ou sexa, aumenta en 242.000’00€, algo máis de 10%, pero en ningún documento aparece un plan de control do gasto, que serva para nivelar o orzamento e non dispararse no gasto.

– Sorprende tamén o capítulo de investimentos. O PP leva dito que se non fose polo Plan E de Zapatero, que tén permitido cambiar un montón de farolas que ainda estaban en condicións, practicamente non se faría obra en Burela, agás Torrentes, por certo ainda sen acabar catro anos despois de que fose adxudicada a obra polo Grupo de Goberno do PP. Pois ben, o alcalde só prevé gastar en investimentos reais para 2011 un total de 133.000’00€, que supón o 2’15% do presuposto total.

– Finalmente, hai un párrafo no informe do servicio de intervención que é mui clarificador: “En conclusión, … reitera a necesidade de realizar unha contención no gasto corrente, deberíase realizar un control do gasto corrente, para evitar que en exercicios futuron non se cumpla a nivelación orzamentaria. Nos últimos orzamentos, a nivelación orzamentaria se cumple en base a aumentar as previsións de ingresos de maneira non xustificada e consignando axudas e subvencións pendentes de conceder. De non adoptarse medidas na execución do orzamento do ano 2010, poderanse producir momentos puntuais de falta ou dificultades de liquidez para poder facer frente ós compromisos legais”.

En definitiva, o portavoz do GMPP afirmou que o seu grupo votará en contra, porque non é un presuposto realista. Este presuposto está pensado para que o alcalde e o bigoberno poidan escapar cara adiante, sen importarlles moito que os que aportamos os cartos para o concello somos os cidadáns. Parece mentira que o alcalde non sexa capaz de poñer orden nas contas do concello, exactamente igual que Zapatero tampouco pón orden na súa labor de goberno. E parece mentira que sigamos usando os cartos que nos veñen de fóra para cambiar farolas, como Zapatero, por exemplo, vai cambiar as sinais de tráfico de 120.

Exit mobile version