Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP que prosperou a emenda que pedía consensuar dotacións e usos a desenvolver nos espazos portuarios de Burela

Nota de prensa

O Grupo Socialista vén a recoñecer que estaban errados ao aceptar ao cen por cen a proposta de acordo do Grupo Popular, introducindo nos contidos a estudar polo grupo de traballo: a ampliación do peirao e a ubicación do porto deportivo.

PROSPERA A EMENDA POPULAR QUE PEDÍA que administración e sector pesqueiro consensuen as futuras dotacións e usos a desenvolver nos espazos portuarios de burela

* Mediante esta fórmula de permanente colaboración co sector pesqueiro, Portos de Galicia priorizou os proxectos de reorganización da dársena interior portuaria e de ampliación do martelo do peirao Burelente, que na actualidade están en fase de estudos técnicos moi avanzados

Santiago, 4 de marzo de 2011.- Na Comisión de Pesca celebrada hoxe no Parlamento de Galicia prosperou a emenda do Grupo Parlamentario Popular, defendida por Jose Manuel Balseiro, na que se pedía que a administración e o sector pesqueiro consensuasen as futuras dotacións e usos a desenvolver nos espazos portuarios de Burela. Coa aceptación por do contido da emenda dos populares o Grupo Socialista vén a recoñecer que estaban errados no seu plantexamento inicial e, tal e como explicou Jose Manuel Balseiro “conseguimos así que o futuro do porto pase polas máns do sector”.

GRUPO DE TRABALLO

O acordo final recolle ao cen por cen a emenda do Grupo Popular introducindo simplemente dous aspectos propostos en transacción polo PSOE: que entre os contidos a estudar polo grupo de traballo estea tamén a ampliación do peirao e a ubicación do porto deportivo, e que ese grupo se reuna nun prazo máximo de tres meses. Os populares queren implicar a Portos de Galicia, Concello, asociación de armadores e confraría na determinación do fututo do porto e así o conseguiron coa súa emenda.

REORGANIZACIÓN DA DÁRSENA INTERIOR E MARTELO

Jose Manuel Balseiro, lembrou que mediante esta fórmula de permanente colaboración co sector pesqueiro, Portos de Galicia priorizou os proxectos de reorganización da dársena interior portuaria e de ampliación do martelo do peirao Burelente, que na actualidade están en fase de estudos técnicos moi avanzados e serán presentados no mes de abril. Ambas actuacións contribuirán a dotar de mairo seguridade e potencionalidade ao peirao de Burela, un dos máis importantes do Cantábrico.

PORTO DEPORTIVO

Balseiro sinalou que desde o primeiro momento o PP xa foi consciente que era necesario dotar a Burela dun porto deportivo e por iso o Goberno de Manuel Fraga o incluiu en abril de 2005, no seu plan director de infraestruturas náuticas, mentres que o bipartito relegaba esta obra a abril de 2020. A matización da emenda popular logra que a ubicación do devandito porto deportivo se decida en consenso co sector, evitando así aprobar a petición do PSOE que podía supoñer un obstáculo ao crecemento do porto e as posibilidades de expansión das instalacións portuarias

Exit mobile version