Site icon Crónica3.com A Mariña

Aseguran desde a Deputación que ter que suplir á Xunta custoulles 100 millóns de euros en 2011

Nota de prensa

Antonio Gato asegura que á Deputación custoulle ter que suplir á Xunta 100 millóns de euros en 2011

– En materia de emprego, subliña que “mentres Feijóo non quixo facer ningún plan específico para a provincia, nós investimos 15 millóns de euros en dar traballo a 1.400 persoas con distintas convocatorias de persoal”

– En canto ó medio rural, unha área que tamén xestiona directamente o Executivo Galego, critica que “o Presidente non fose capaz de poñer nin un só euro para o Centro de Recría”

– Antonio Gato destaca que debido a que Feijóo deixou a Lugo, unha das provincias máis avellendtadas de España, case sen residencias da 3ª idade, a Deputación viuse na obriga de investir 14 millóns de euros na construción dunha decena de centros de día

– O Deputado denuncia que Feijóo conseguise que o polígono das Gándaras sexa o 5º máis caro de Galicia mentres os de SUPLUSA son un 67% máis barato, e que senón fose pola Deputación non existiría licitación de obra pública en Lugo

O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, cifrou en 100 millóns de euros o que lle custou á Deputación ter que suplir a ineficacia e a falta de compromiso da Xunta coa provincia en 2011. Neste senso, Gato Soengas puxo varios exemplos de actuacións coas que o organismo provincial actuou onde non o fixo a administración autonómica. En materia laboral, malia que o Executivo Galego é o responsable das políticas activas de emprego, o Deputado provincial destacou que “Feijóo non quixo facer ningún plan específico para a provincia. Nós investimos 15 millóns de euros para dar traballo a 1.400 persoas con plans como o Lugo Emprega, Pacto Provincial polo Emprego, coas residencias da 3ª idade e co persoal dos parques de bombeiros”. Asimesmo, lembrou que a isto hai que engadir que a cantidade asignada pola Xunta á provincia este ano descende máis de 3 millóns de euros. Os Concellos do PP recibiron o 75% en axudas de emprego, cos que só benefician ó 7,5% da poboación. “Alá pola nosa zona concederon 5 ou 6 obradoiros e quedamos nós sen eles, aínda que somos os que máis paro temos”.

Polo que se refire a medio rural, unha área que tamén xestiona directamente o Executivo Galego, “este non foi capaz de poñer nin un só euro para o Centro de Recría”. Pola contra, o organismo provincial destina a esta iniciativa 12 millóns de euros e puxo en marcha unha liña de axudas, dotada con 600.000 euros, para obras no rural e para impulsar o sector primario. “O señor Juárez non é capaz de anunciar novas actuacións para os gandeiros. Asimesmo, na provincia de Ourense non hai ningunha obra sen empezar do PEIM 2009. Están rematadas o 90%, pero en Lugo só están terminadas 12 e o 35% nin comezaron. Polo tanto, eu non sei se isto se debe a que Baltar e Louzán teñen máis peso no partido ou a que que Barreiro nin manda nin traballa”.

Sen políticas sociais e sen atender as situacións de emerxencia

Antonio Gato tamén destacou que a Deputación tivo que suplir á Xunta nas políticas sociais das que é totalmente responsable. Neste senso, destacou que debido a que Feijóo deixa a Lugo, unha das provincias máis envellecidas de España, case sen residencias da 3ª idade, a Deputación veise na obriga de investir 14 millóns de euros na construción de 12 instalacións destas características. Un exemplo é o caso da Fonsagrada, na que a Deputación tivo que atender a demanda dos veciños debido á falta de cumprimento de Feijóo.

Con respecto ás infraestruturas, “a Xunta acudiu tarde mal e arrastro. Sempre foi por detrás da Deputación cando os veciños teñen necesidades de urxencia”. A este respecto, lembrou os 100.000 euros que a Deputación investiu para o arranxo das pontes de Baleira, Páramo, e Portomarín afectadas polo temporal de xaneiro e que a institución provincial foia primeira administración que desenvolveu un plan específico para axudar ós Concellos da Mariña afectados polas riadas de xuño de 2010, destinando 1,2 millóns de euros a este fin. Neste caso, a Deputación tamén habilitara unha partida de emerxencia para o arranxo da Ponte de Arante, aínda que a Xunta tardou 7 meses en dar os permisos.

Solo industrial caro e descenso da obra pública

Con respecto ó solo Industrial, “Feijóo consegue que o polígono das Gándaras sexa o quinto máis caro de Galicia”. Sen embargo, a Deputación: inviste máis de 13 millóns de euros para a construción de 7 polígonos industriais, logra que os polígonos de SUPLUSA sexan o 67% máis baratos que o das Gándaras, e rebaixa o prezo aínda máis nos de Paradela e Chantada coas axudas do Ministeiro de Industria

Asimesmo, mentres a licitación de obra pública da Xunta é a máis baixa de España, a Deputación de Lugo copa o 53,3% dos investimentos segundo a APEC, grazas a que o organismo provincial xestionou de forma eficaz o Plan Extraordinario de Obra Pública de 60 millóns de euros, sen aumentar a débeda nin recurrir a operacións de crédito.

Exit mobile version