Site icon Crónica3.com A Mariña

Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz cumpre 23 anos con novos proxectos

Nota de prensa

Aniversario

A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz está de aniversario. Mañá 1 de abril cúmprense 23 anos da súa constitución. José Carlos Paleo considera que “é unha das máis antigas da Mariña, aí van vintetres anos de traballo e de loita”. O primeiro presidente foi Jesús Fernández, o segundo Manuel Alberto Otero e o terceiro e actual é José Carlos Paleo. Éste formou parte da primeira xestora ata a súa fundación e foi tesoureiro na primeira directiva de ACIA Foz.

Outras das iniciativas nas que está a traballar o colectivo é na posta en marcha das tarxetas de fidelización. Paleo explicou que “agora estamos na fase de instalación dos tarxeteiros nos comercios e establecementos participantes. Agardamos ter todo listo para facer a súa presentación a finais do mes de abril” e lembrou que “os clientes que conten con esta tarxeta poderán obter importantes descontos nas tendas ademáis de participar nas promocións e campañas que levemos adiante”.

ACIA Foz xa elexiu a data da grande festa que organizará o vindeiro verán. Será  o 27 de agosto “somos varios os colectivos que estamos a traballar nesta iniciativa, que se presentará máis adiante”.

Exit mobile version