Site icon Crónica3.com A Mariña

Asociacións e colexios percorrerán esta semana A Mariña, Terra Chá e A Montaña co programa Km0

Nota de prensa

Asociacións e colexios percorrerán esta semana A Mariña, Terra Chá e A Montaña co programa Km0

– A Pontenova, Cospeito, Ribadeo, Negueira e O Cebreiro son os destinos das rutas, nas que participarán máis de 300 persoas entre hoxe e o xoves

– Un grupo de 48 alumnos do CEIP do Corgo coñeceron este martes o pasado mineiro da Pontenova e outros 48 integrantes da Asociación Comisión de Festas de Navia de Suarna visitaron as Lagoas de Cospeito

As comarcas da Mariña, Terra Chá e A Montaña son as protagonistas no programa medioambiental Km0 da Deputación para esta terceira semana do mes de marzo. Máis de 300 integrantes de asociacións e alumnos de centros educativos lucenses farán as rutas previstas, que terán como destino A Pontenova, Cospeito, Ribadeo, Negueira de Muñiz e Pedrafita do Cebreiro, e que contribuirán a potenciar a economía local, ó atraer un gran número de visitantes a estes municipios.

A semana comezou con percorridos para coñecer o pasado mineiro da Pontenova e as Lagoas de Cospeito, que fixeron este martes 48 escolares do CEIP do Corgo e outros 48 integrantes da Asociación Comisión de Festas de Navia de Suarna, respectivamente. A Deputada de Economía, Regina Polín, recibiu este martes a ámbolos dous grupos no Pazo de San Marcos. Seguidamente, os rapaces do Corgo visitaron o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) e desprazáronse ó Concello pontenovés para, despois de comer no restaurante “Sarredo”, visitar a Ferrería de Bogo, Os Fornos e, finalmente, as instalacións de Industrial Recense, dedicada a elaboración de ferraxes. Os veciños de Navia coñeceron a Fundación TIC e, xa en Cospeito, estiveron nas Lagoas, a Torre de Caldaloba e o Museo de Preshistoria e Arqueoloxía da Terra Chá. A comida tivo lugar na “Casa Grande” de Anllo.

Mañá mércores, 55 alumnos do CEIP Juan Rey de Lourenzá farán a ruta “Ría de Ribadeo” e 48 membros da asociación veciñal de Santalla de Riotorto estarán en Negueira de Muñiz. Os estudantes laurentinos iniciarán a viaxe cunha visita á Fundación TIC para despois, xa en Ribadeo, comer no restaurante “Oviedo”, facer unha travesía en lancha pola ría, subir no ascensor panorámico do porto deportivo de Porcillán e achegarse ó convento das Clarisas e ó casco histórico. Polo que respecta ós veciños de Riotorto, tras unha visita á olería de Bonxe, comerán no restaurante fonsagradino “Cantábrico”, e pola tarde percorrerán a área recreativa de Negueira de Muñiz e visitarán o Museo Comarcal da Fonsagrada.

A programación da semana remata o xoves cunha viaxe a O Cebreiro, demandada polo CEIP Menéndez Pelayo de Lugo e na que participarán 55 rapaces. A expedición fixo unha visita á olería de Bonxe, cubriu un tramo do Camiño Francés e desprazouse á igrexa de Santa María La Real, ás pallozas e ó Monte da Cruz. A comida tivo lugar no establecemento “San Girald de Aullirac”. Tamén está prevista unha saída a Ribadeo, que farán 48 integrantes da Asociación de Xubilados e Pensionistas UPD de Guitiriz e que consistirá nunha visita ó CENTRAD e, unha vez chegado á vila mariñana, á Illa Pancha, ó forte de San Damián e ó casco histórico.

Exit mobile version