Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata sempre amigo Manolo

ATA SEMPRE AMIGO MANOLO

Quero con estas breves liñas rendir unha merecida homenaxe a Manolo Rodríguez, sumándome así a multitude de condolencias que polo seu pasamento apareceron nas páxinas deste xornal dixital.

Coñecín a Manolo na súa época de presidente do CD. San Ciprián, con frecuencia aparecía polo Concello de Cervo, sempre informando da multitude de actividades que se facían desde o clube e solicitando as correspondentes axudas, que evidemente non podían negárselle, pola intensa actividade que desenrolaba o clube encamiñadas á xuventude de San Ciprián.

Seguín gozando da súa compañía e amizade cando tomou as rendas do PsdG-PSOE en Cervo, en épocas en que as cousas non pintaban ben para os socialistas nin en Cervo nin en Burela, el soubo facer da agrupación de Cervo un baluarte na Mariña e na provincia. Nas reunións da comarcal as súas intervencións eran coñecidas polo afán conciliador e polas súas palabras sempre de ánimo aos compañeiros. Esta inmensa labor fíxoa sempre sin esperar nin pedir nada personal a cambio. No 2007 a falla de saúde persoal fíxoo irse apartando e deixando paso a novas persoas.

O traballo desinteresado e altruista feito nos distintos estamentos, a súa bonhomía de persoa sensata e conciliadora, o trato para con os compañeiros e amigos fan que lembremos hoxe a Manolo como unha boa persoa, que ademais do seu traballo e a aportación maior que nos fixo aos que tivemos a honra de disfrutar da súa amizade. Ata sempre Manolo.

Pedro Chao Polo

Exit mobile version