Site icon Crónica3.com A Mariña

Ate finais de abril estará exposta a información do novo proxecto de acceso ao porto de Burela

Nota de prensa:
ALFREDO LLANO LEMBROU QUE ATA FINAIS DE ABRIL ESTARÁ A INFORMACIÓN PÚBLICA O NOVO PROXECTO DE ACCESO AO PORTO DE BURELA. OS INTERESADOS PODEN CONSULTAR O DOCUMENTO NO CONCELLO.

Burela, 21 de marzo de 2011. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, lembrou hoxe que ata finais de abril está a información pública o novo proxecto de acceso ao porto de Burela. Todos os que desexen consultar o documento poden dirixirse ao Concello.

Llano sinalou que “hai unha modificación no proxecto inicial, éste tiña unha trazada, pero foi necesario variala debido a un desprendemento de terras que se producíu alí. Eso obriga a desprazar a vía do tren uns metros cara a estrada principal”. O rexedor engadiu que “existe unha variación bastante substancial do proxecto e quero dicirlles aos veciños e a toda a xente que estea interesada en velo, que temos no Concello desde hai unhas semanas o documento a información pública. Está en Secretaría e non teñen máis que solicitalo para consultar todo o que lles poida afectar ou polo interese que poidan ter por esas obras de acceso ao porto de Burela”.

O novo proxecto de acceso ao porto estará no Concello ata finais do vindeiro mes de abril.

Exit mobile version