Site icon Crónica3.com A Mariña

Axustes de horario na xornada 18 da liga de Burela de futbol sala


Nota de prensa

PEQUENO CAMBIO DE HORARIO DA XORNADA 18 DESTE VINDEIRO VENRES.

XORNADA 18 25-3

MONTE CASTELO

22:00 CONSTRUCIÓNS JL – AMISTADE F.S.

22:50 C. JOSÉ MANUEL P. MONTO – METRO APP BURELA

VISTA ALEGRE

22:30 PARRILLADA DE JANDRO OS CASTROS – PUB JOKER

23:15 A TENDA DO ROXO – HOTEL VILA DO VAL

DESCANSA: RESTAURANTE MIRANDA

Por motivos loxísticos e de persoal, pois xogan os xuvenís do BURELA FS perante o LEIS PONTEVEDRA ó venres ás 20:45hs no pavillón Vista Alegre e como parte do equipo arbitral tamén terá que participar logo nos partidos da Liga, a xornada no pavillón VISTA ALEGRE comezará con 30 minutos de retardo. No Monte Castelo todo seguirá igual.

No tocante á competición de Copa, até agora as propostas da xente, e de que deberían participar todos os conxuntos… Agora hai varias opcións, dende xogar unha eliminatoria previa ou a de participar todos os equipos en igualdades de condicións. E dicir 3 grupos de 3 equipos, sendo os equipos distribuídos en función da súa clasificación. Onde pasarían para as 1/2 o primeiro de cada grupo e o mellor 2º, tendo en conta para determinar cal é o mellor 2º a diferencia de goles e de persistir teriase en conta a clasificación da deportividade. Cada xornada xogaríanse 3 partidos, e cada equipo un mínimo de 2 encontros na Copa, os 4 que pasasen as 1/2 xogarían a eliminatoria a partido único e a final podería xogarse igualmente o 6 de maio, como estaba previsto nun principio. EN CALQUERA CASO A COMPETICIÓN DE COPA ESTÁ PREVISTA QUE COMECE O 1 DE ABRIL, agora ben, os horarios dos partidos non se poderán saber até computar a clasificación.

Exit mobile version