Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros traballa pra axustar as contas e chegar á estabilidade

Nota de prensa:
ALFONSO FUENTE DI QUE A SITUACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO A DÍA DE HOXE É BOA, A PESARES DA CRISE QUE SE ESTÁ A VIVIR. O ALCALDE SUBLIÑA QUE BARREIROS NON TEN CONTRAIDOS PRÉSTAMOS CON ENTIDADES BANCARIAS E QUE O SEU EQUIPO TRABALLA PARA AXUSTAR AS CONTAS E CHEGAR Á ESTABILIDADE PRESUPOSTARIA.

Barreiros, 16 de marzo de 2011. O alcalde, Alfonso Fuente, manifestou que a situación económica do Concello a día de hoxe é boa, a pesares da situación de crise que tamén lle está a afectar. Fuente Parga recoñece certos retrasos nos pagos a proveedores, que están motivados -dixo- porque se están a retrasar os ingresos que recibimos da Deputación Provincial de Lugo e tamén algúns da Xunta. O rexedor subliña que o seu equipo traballa para axustar as contas e chegar á estabilidade presupostaria e lembra que o Concello non ten contraidos préstamos con entidades bancarias.

Alfonso Fuente amosóuse sorprendido “pola valoración que fai o Partido Socialista sobre a aprobación das contas do ano 2009, xa que di que o Concello de Barreiros debe un millón e medio de euros. Esta liquidación xa foi aprobada no pleno do Concello e naquel momento o PSOE non dixo nada. É certo que se cerra cun resultado de 145.000 euros negativos, é decir que se gastou máis que se ingresou, e o remanente de tesorería é tamén negativo, de -109.000 euros. Esta é unha situación dun concello que non é alleo á crise que se está a vivir en xeral”.

O alcalde referíuse a que “o PSOE di que hai unha conta con 1.300.000 euros que están depositados. Precisamente eses cartos son para a cantidade comprometida polo Concello de Barreiros no convenio que firmou coa Xunta de Galicia para ese investimento de 14 millóns de euros a tres anos. Están aí porque o Concello de Barreiros fixo as xestións cando as tiña que facer e esa é unha primeira parte do que levan aportado os promotores a este Concello para facer fronte ós investimentos que teñen que pagar por lei”.

O rexedor sinalou que “é erróneo o que esta dicindo o Partido Socialista e o tamén Bloque Nacionalista Galego, que editou uns panfletos dicíndolles ós veciños que ían ter que pagar o que debían ter pagado os promotores. Non fai falta máis que ver a liquidación e estas contas e ai están eses cartos para que agora, nos seis primeiros meses do ano, como establece o convenio, o Concello faga a transferencia á Consellería da parte que lle corresponde para este ano, que son 800.000 euros, para iniciar a licitación das obras que se van ir facendo ó longo destes tres anos”.

Fuente Parga destacou que “a situación que vive o Concello de Barreiros hoxe é boa, aínda que se están retrasando algúns pagos debido á demora nas transferencias desde a Diputación e tamén nalgún momento por parte da Xunta de Galicia, porque sabemos as necesidades que hai. Pero tamén quero destacar, porque eso non o di ningún dos grupos da oposición, que a día de hoxe o Concello de Barreiros non ten ningún préstamo con entidades financieiras, o que lle posibilita ir a eses préstamos, sempre e cando o Goberno do Estado, dirixido polo Partido Socialista, non siga poñendo impedimentos a que os concellos vaimos á deuda financieira. O Concello de Barreiros podería ir a un préstamo e estas diferencias de tesorería de 109.000 euros cubrilas cun préstamo”.

O alcalde de Barreiros contou que “cerramos anos anteriores con resultados máis negativos e no 2009 fíxose xa un axuste, aínda que gastamos 145.000 euros máis que ingresamos. Imos presentar a liquidación do ano 2010 en breve e veranse os axustes que fixemos para intentar chegar a esa estabilidade presupostaria e que sexan iguales os ingresos que os gastos . E no 2011 seguiremos traballando para ir axustando os gastos. Hai que ser realistas e ver que os os ingresos se reducen nos Concellos”.

Alfonso Fuente pensa que “a oposición adícase a criticar todo o que fai o equipo de goberno. Fai uns días víamos como o portavoz do PSOE propoñía que o Concello de Barreiros asumira o persoal do plan Lugo Emprega que lle correspondía a Lourenzá e por outro lado o candidato do Partido Socialista ás municipais dicía que o Concello de Barreiros tiña moito persoal. Nin entre eles se poñen dacordo, únicamente para criticar sempre ó equipo de goberno sin analizar nada”.

Exit mobile version