Site icon Crónica3.com A Mariña

CIG obtivo a maioría absoluta nas eleccións sindicais celebradas no Concello de Ribadeo

Nota de prensa

Confederación Intersindical Galega

A Mariña

NOTA DE PRENSA

A CIG ACADA A MAIORÍA ABSOLUTA NAS ELECCIÓNS SINDICAIS NO CONCELLO DE RIBADEO

A CENTRAL NACIONALISTA CONSEGUE 4 DOS 5 REPRESENTANTES

A CIG obtivo a maioría absoluta nas eleccións sindicais celebradas onte no Concello de Ribadeo obtendo 4 dos 5 representantes que se elexían. A CGT obtivo o outro.

Dende a CIG valoramos moi positivamente non só os resultados obtidos senón tamén a alta participación no proceso xa que ésta foi dun 89%. Agradecemos aos traballadores a confianza depositada en nós e no noso modelo sindical, reivindicativo, non pactista e de loita na defensa dos dereitos da clase obreira.

Os resultados máis detallados foron os seguintes:

CENSO CIG CGT CC.OO
Especialistas 41 21 7 6
Técnicos 34 27 6
TOTAL 75 48(64%) 7 12

Representantes:

CIG CGT CC.OO
Especialistas 2 1 0
Técnicos 2 0 0
TOTAL 4 1 0
Exit mobile version