Site icon Crónica3.com A Mariña

Considera UNIFOZ que a auga como recurso tería que ter recoñecemento especial

Nota de prensa:
NOTA DE PRENSA , HOXE TAMÉN É DIA MUNDIAL DA AUGA.
O pasado día 23 do presente mes, tiña lugar a celebración do DIA MUNDIAL DA AUGA, UNIFOZ sen entrar en valorar a nula implicación do Concello en este tema, considera que a auga como recurso e ben natural, si tería que ter un recoñecemento e tratamento especial.
UNIFOZ como en outros temas, considera que os 365 días teñen que ser días mundiais da auga, e as administracións teñen que adicar os máximos esforzos en conservar este ben natural.
No noso Concello, so moitas e boas as fontes naturais que podemos encontrar ó longo do noso territorio, nalgún caso mellor ou peor conservadas, ou con máis ou menos acerto na súa restauración.
UNIFOZ, quere comprometerse a seguir na liña de mellorar as fontes públicas, tendo en conta o seu entorno e a súa accesibilidade as mesmas, así como que en cada fonte pública se instale un panel informativo, con análises periódicos das augas para consumo humano.
Pois do mesmo xeito que na época estival, dende a Xunta de Galicia se fan análises periódicos para controlar a calidade das augas das praias, para definir si son aptas para o baño, parece máis xustificado que se fagán analises tamén para consumo humano.
Pero UNIFOZ, non quere esquecer tamén a necesidade do control das augas que liberamos nos nosos ríos e no mar procedente do tratamento na maioría dos casos insuficiente das augas residuais, é preciso pois a análise das augas que vertemos, e o estudo das instalacións existentes en tratamento de augas residuias, pois na maioría dos casos unha cousa é a teoría e outra moi distinta a práctica.

Exit mobile version