Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa en Viveiro a campaña “As compras na túa vila teñen premio” que remata sábado

Nota de prensa

Continúa en Viveiro a campaña “As compras na túa vila teñen premio”

A Federación Galega de Comercio e CCA Casco Histórico de Viveiro, continúan a desenvolver a campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio”, ten lugar en Viveiro dende o pasado día 1 de marzo e ata o sábado 12 de marzo. A iniciativa premiará con 3.000 euros a confianza no comercio retallista, sorteándose dúas tarxetas regalo de 300 euros e 24 tarxetas regalo de 100 euros.

Os consumidores de Viveiro están a mostrar un gran interese por esta campaña, presentando os seus tickets de compra na carpa situada na Praza Fontenova ou ás promotoras que se atopan polas rúas da vila, quenes lles entregan boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o vindeiro sábado, 12 de marzo, na Praza Maior da vila, dentro do programa dun Acto Final de campaña que contará con actuacións para nenos e adultos. O sorteo será ese día ás 19.00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores.

Destacar ademáis que os clientes que aportan ás promotoras o xustificante de pagar coa Tarxeta Mastercard do Comercio Galego e a Tarxeta Comercio, de Novacaixagalicia, duplican a súa participación, obtendo dous boletos por cada ticket presentado.

A campaña está a ser publicitada nos establecementos de Viveiro, que contan con carteis e reparten entre os seus clientes trípticos informativos.

A iniciativa “As compras na túa vila teñen premio” está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio e Novacaixagalicia. Este ano, desenrolarase en oito localidades galegas, entre elas Viveiro, contando para elo coa colaboración do CCA Casco Histórico de Viveiro, que preside Luis Vigo.

7 de marzo de 2011

PROGRAMA ACTO FINAL DE CAMPAÑA

Sábado, 12 de marzo – Praza Maior de Viveiro

11.30 h. Animación nas rúas: Pasarrúas , Zancudos e Malabaristas.

12.30 h. Espectáculo de Pallasos Infantís “ Llilla e Fifo “

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

16.30 h. Animación nas rúas: Pasarrúas , Zancudos e Malabaristas.

17.30 h. Espectáculo de Maxia cómica “ Rey Midas “

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

18.30 h. Actuación Musical a cargo de Lucía Pérez.

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

19.00 h. Sorteo e entrega de 3.000 euros en premios.

Exit mobile version