Site icon Crónica3.com A Mariña

CulturAberta – Primavera 2011 oferta en Burela un concerto da Burela Blues Band

Nota de prensa

CulturAberta – Primavera 2011

Presenta á Burela Blues Band en concerto:

A Delegación Municipal de Cultura, dentro da Programación “ CulturAberta – Primavera 2011 “, presenta para o venres, 1 de abril, ás 21:30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela, o concerto a cargo da Burela Blues Band.

Esta formación, nace en xaneiro de 2005 por iniciativa de Roberto Bouça e Israel Arranz, no seo da Escola de Música de Burela, quenes poñen en marcha o proxecto “ Burela Blues “. A Burela Blues Band é unha agrupación, na súa totalidade, de rapaces novos, que se centran na aprendizaxe teórica e práctica das técnicas de interpretación, composición e improvisación do jazz e da música moderna, pretendendo que os alumnos adquiran unha visión máis completa da música e complementen así a súa formación clásica.

Dende o 2008, e con motivo desta laboura, o centro de música compostelán Estudio e a Escola de Música de Burela, comezan unha estreita relación dando lugar ao I, II e III Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela, intercambios de alumnos, agrupacións , profesores, gravacións, …

Destacan as intervencións musicais de artistas convidados como o saxofonista José Niñe, o trompetista Abraham Cupeiro, o trombonista Noé Viamonte, o percusionista Eusebio López, o Grupo de Percusión da ESMUBU, e a Pre Burela Blues Band.

No 2010, o proxecto musical do seu 5º aniversario, “ A Historia do Jazz nun Concerto “, dá como resultado a súa participación no I Festival de Jazz de Oleiros, onde recebe unha grande ovación, e recentemente, foi convidada ao Festival de Jazz de Pontedeume.

No curso 2010-2011, Roberto Bouça e Israel Arranz, crean a Pre Burela Blues Band, agrupación preparatoria e canteira da BBB, que ten como obxectivo iniciar ós máis novos no jazz e na música moderna, adquirindo así unha sólida base para poder tocar na Burela Blues Band.

Asemade, o sábado 2 de abril, ás 20:00 horas, terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Burela o concerto de Música Góspel a cargo da artista Angie de La Mota, de xira por Galicia. A entrada será gratuíta.

Exit mobile version