Site icon Crónica3.com A Mariña

Cunqueiro en San Martiño

CUNQUEIRO EN SAN MARTIÑO

Estamos no ano cunqueiriano, na lembranza e honra do mariñao mais universal, máxima figura das nosas letras, Alvaro Cunqueiro, co gallo de celebrarse o centenario do seu nacemento, o que estimula a memoria traendo ao recordo algúns episodios dos que fumos testemuña e que teñen que ver co noso pobo. Neste senso nunca esquecimos a súa presencia en San Martiño, o 11 de novembro de 1966 – hai case medio século – onde o insigne mindoniense pronunciara unha das súas alocucións, coa brillantez e a beleza que nel era habitual. Tratábase de festexar o remate parcial das importantes obras de conservación e restauración que, dende había un ano, viñan realizandose no cenobio, auspiciadas pola Dirección Xeral de Belas Artes, baixo a responsabilidade técnica do arqueólogo e profesor da USC, Manuel Chamoso Lamas. Representantes civís, militares e relixosos, do mundo da cultura, e numeroso público, enchían a prazoleta da fonte da Zapata onde o ilustre convidado, en belísimos parágrafos, que poideran definirse “cunqueirianos”, pola súa poesía e orixinalidade, pondera o valor histórico e artístico do templo, cuxas pedras dí, en fermosa metáfora, “parecen labradas por manos imposibles”, engadindo, “pues se hace verdad la frase de Ruskin, según la cual en las catedrales los ángeles ponían su mano en una voluta, o un capitel, para expresar de modo admirable algún misterio. Quizás aquí- engade- ángeles cantores dieron lecciones a los que labraron este templo”.

Ante tanta beleza coa que Cunqueiro describe o excepcional interese da igrexa, preguntamos ¿Qué pensaría o xenial escritor se hoxe levantara a cabeza e se atopara coa barbarie que reflicte a agresión consumada nela, e da estética dos retretes ubicados como antesala do monumento?, ¿e do insulto ás pedras milenarias “labradas por manos imposibles” que cantou o autor de “Merlín e familia”?¿Cómo pode un goberno municipal defender a capa i espada tan bárbara actuación, e que unha oposición se mantivera calada e non amosar a súa disconformidade? A connivencia é mais que sorprendente.¿Cómo se entende tal indiferenza nos que, úns e mai-los outros, sen ruborizarse, decráranse, de cando en vez, “amantes” e mesmo “defensores” do noso patrimonio cultural?. Non é doado atopar incoherencia semellante.¡ Se Cunqueiro levantara a cabeza…!

Cando unha imaxe val máis que mil palabras

Exit mobile version