Site icon Crónica3.com A Mariña

Detrás da Canción leva a Foz un obradoiro de música e un concerto de The Homens

A concelleira de Xuventude de Foz, Rosa Alonso, anuncia que o domingo, día 27, terá lugar o evento Detrás da Canción. A partir das 18h no Telecentro da Casa da Xuventude, levarase a cabo un Obradoiro de Música, no que os participantes poderán aprender como se compón, se grava e se colga en internet unha canción.Estará impartido por Carlos Valcárcel, do grupo electrónico Projecto Mourente. Por outra parte, a partir das 20h. na Casa da Cultura celebrarase un concerto acústico a cargo do grupo The Homens.

Exit mobile version