Site icon Crónica3.com A Mariña

Do “metrobus” e as putas da Montera

No noso pais estamos acostumados a que os políticos digan e fagan o que lles dea a gana sen consecuencia algunha para a súa carreira política.
Os españois temos o paro como o primeiro problema do pais. Pero tamén consideramos que os políticos son un importante problema de este pais.
Pero a pesar de consideralo así non facemos nada por resolver o problema, e así convivimos e aceptamos que os nosos políticos teñan comportamentos e actuacións que non consentiriamos a outros estamentos da sociedade.
Póñovos uns exemplos:
– Recentemente o conselleiro de Transportes madrileño, José Ignacio Echeverría mofábase da intervención de un deputado da oposición e negaba a existencia do “Metrobús” o mesmo tempo que os compañeiros de partido aplaudían a súa intervención.
– A presidenta da asociación 11M vítimas do terrorismo Pilar Manjón dixo en referencia a inauguración unilateral por parte do axuntamento de Madrid de un monumento na estación de cercanias do Pozo do tío Reimunde, que cando solicitaron axuda para a construción do monumento foron tratados con descortesía por parte do vicealcalde Manuel Cobos. “Cando entramos en la reunión a pedir realizar el monumento, se nos contestó que si veníamos por otro ‘monumentito’ para el 11-M, que cualquier día iban a tener que hacer uno para las putas de la Montera”.
Este tipo de actuacións e respostas admitímosllelas os políticos como si fora algo normal. Algo que non admitiriamos en outros ámbitos da vida.
Igual que o Conselleiro de transportes se olvida do metrobus pensades que pasaría si un bombeiro, un médico, un panadeiro ou un carpinteiro se olvidase da súa responsabilidade e do seu traballo.
E que pasaría si un banqueiro, un funcionario ou un comerciante nos respostase como o vicealcalde Manuel Cobo.
En fin. Que os políticos admitímoslles cousas que non lle admitimos os demais. E mentres isto sexa así, o problema da baixa consideración dos políticos nos terá solución.
A solución pasa porque a sociedade non admita a estes políticos bocanas, irresponsables e incompetentes, e cando actúen de xeito inadecuado sexan cesados fulminantemente.

Exit mobile version