Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous anos perdidos no tema das urxencias de Foz

Fai dous anos que entrou o goberno do PP na Xunta de Galicia. Un goberno que durante a campaña electoral acadara uns compromisos para con as urxencias médicas de Foz.

Mesmo o deputado Sr Balseiro presentara na lexislatura anterior vairas propostas no Parlamento de Galicia neste sentido.

Tamén os membros do PP local de Foz parecían comprometidos co tema das urxencias médicas durante a súa campaña, o menos iso nos comentaban.

Cando chegou este goberno a Xunta solicitámoslle unha entrevista. Tardaron en nos recibir, e cando o fixeron fomos recibidos por persoal técnico da Consellería que nos remitiu a un futuro estudo que ían elaborar sobre os focenses que acudían as urxencias a Burela, o número de usuarios que soe atender o PAC de Burela, etc.

De dito estudo nunca mais se soubo.

En novembro de 2010, despois de moito solicitarllo, recibiunos o Presidente Feijoo aproveitando unha visita a Foz. Nesta xuntanza o Presidente limitouse a falar da crise económica, dos escasos recursos de que se dispón e da ambulancia medicalizada. Defendeu a ambulancia medicalizada como algo fundamental para as urxencias médicas de Foz. O Presidente non contemplaba a necesidade de un servizo de urxencias médicas 24 horas para Foz.

So se comprometeu a manter a ambulancia medicalizada e na primavera (sen concretar data) facer unha valoración das persoas que atendeu en todo este tempo, as doenzas que padecían, etc. E tamén o de cuantificar o número de veciños de Foz que acudiron o PAC de Burela. Con esa información facer unha proposta para Foz.

Outro estudo mais que morrerá no queixón.

Por outro lado parece que os membros do PP local perderon o interese por as urxencias médicas. Interese que antes manifestaban.

Entre tanto estudo e co pouco interese que poñen neste tema non creemos que aproben esta asignatura.

En fin chegou a primavera e o estudo non aparece. Todo o mundo pensando nas eleccións.

Axiña chegara o verao. As listas de espera no PAC de Burela volverán a bater records e semellaran as que se forman nas capitais a volta dunha ponte. A diferenza e que os que voltan da ponte veñen de lecer e divertirse e os que esperan no PAC son enfermos os que lles falla a saúde e precisan atención.

En fin. Dous anos perdidos. E o pobo de Foz a continuar esperando a que se faga xustiza neste tema.

Fdo.: Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública

Exit mobile version