Site icon Crónica3.com A Mariña

Empezan en Burela o plan de integración para a prevención de condutas discriminatorias

Nota de prensa:
HOXE ARRANCA EN BURELA O PLAN DE INTEGRACIÓN MUNICIPAL PARA A PREVENCIÓN DE CONDUCTAS DISCRIMINATORIAS, RACISTAS E XENÓFOBAS. NEVES CANDO SUBLIÑOU QUE O 12,6% DA POBOACIÓN DA VILA, A DÍA DE HOXE, É INMIGRANTE.

Burela, 30 de marzo de 2011. Hoxe arranca en Burela o plan de integración municipal para a prevención de conductas discriminatorias, racistas e xenófobas e para sensibilizar á poboación. A concelleira de Benestar Social, Neves Cando, destacou que o 12,6% da poboación de Burela, a día de hoxe, é inmigrante.

Cando explicou que “o Ministerio de Traballo e Inmigración concedéunos neste 2011 unha subvención de 10.000 euros para desenvolver un plan de integración municipal, dirixido á prevención de conductas discriminatorias, racistas e xenófobas e tamén dirixido á sensibilización da poboación en xeral”.

A concelleira de Benestar Social relatou que “este plan estructurámolo en tres fases: diagnose, planificación e elaboración, e divulgación. Para a diagnose convocamos hoxe mércores ás 20 horas no salón de plenos do Concello ás distintas delegacións e servizos municipais implicados no tema, a entidades e asociacións sociais que traballan coa inmigración, ás asociacións de veciños, culturais, asociacións de pais e nais, centros de ensino e aos grupos políticos para analizar ás distintas opinión e perspectivas”. Neves Cando dixo que “as liñas básicas de actuación que imos plantexar hoxe na xuntanza van encamiñadas a fomentar a colaboración dun maior número de axentes sociais, priorizar a perspectiva de cidadán e activar a responsabilidade cívica, mostrar a realidade do fenómeno migratorio no noso concello a todos os sectores poboacionais e crear espazos de diálogo e convivencia intercultural”.

A edil nacionalista engadiu que “con todo este plan de integración municipal pretendemos mellorar a calidade de xestión da administración mediante a participación de todos os cidadáns e cidadás, fomentar redes sociais que perduren no tempo, dinamizar espazos de encontro interculturais e achegar a toda a poboación este fenómeno da inmigración para o proceso de enriquecemento cultural no que todos participamos. É dicir, corresponsabilizar tanto á administración pública como á sociedade civil no reto da inmigración, favorecendo a transversalidade a participación”.

A tamén tenente de alcalde de Burela subliñou que “éstes son obxectivos xerais deste plan de integración municipal que despois iremos concretando en distintas áreas de actuación como son os procesos de acollida e acceso a recursos como a vivenda, o emprego ou a saúde, en segundo lugar a participación cidadá, despois a áreas de actuación ligadas cos servizos sociais e a educación e por último a convivencia intercultural. En definitiva, este plan que arranca hoxe será a referencia clave para a política municipal de integración de inmigrantes nun concello coma o noso no cal o 12,6% da poboación é xa a día de hoxe inmigrante”.

Exit mobile version