Site icon Crónica3.com A Mariña

Escolares do colexio Gregorio Sanz de Ribadeo na Semana Forestal Mundial

A delegación de Medio Ambiente celebrou hoxe cos nenos do colexio Gregorio Sanz de Ribadeo a Semana Forestal Mundial. Os rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º curso plantaron esta mañá 3 camelias, 20 alegrías, 2 freixos, 2 cerdeiras e 2 castaños e aprenderon a facer semilleiros e inxertos. o edil nacionalista, Horacio Cupeiro, explicou que “o que máis lles chamou a atención foron os inxertos. os cativos viron como se poden conseguir diversas variedades de frutais. Estiveron moi atentos a todas as explicacións e disfrutaron moito cos obradoiros e coas prantacións”.

Exit mobile version