Segundo publica a web PortalForestal, Lugo é a provincia galega con máis superficie de bosque certificada en xestión forestal sostible, case 40.000 das 120.000 hectáreas de toda a comunidade. Lugo tamén é a primeira provincia galega e a cuarta no ránking nacional, tras Castellón, Alicante e Tarragona, con máis praias certificadas por Aenor en xestión ambiental (ISO 14001).