Site icon Crónica3.com A Mariña

“Miña nai, nai traballadora” gañou o “II Concurso de Poesía” do Concello de Barreiros

Entrega de premios do II Concurso de Poesía, organizado polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros para conmemorar o día internacional da muller traballadora. O eslogan elexido para esta segunda edición foi “Miña nai, nai traballadora” e na cita participaron todos os alumnos de 4º, 5º e 6º dos CEIP de Barreiros. Ao final resultaron premiados dous por curso. O alcalde, Alfonso Fuente, foi o encargado de facerlles entrega dos agasallos na xornada de onte no salón de plenos do Concello.  Os premiados foron: En 4º Samuel do CEIP San Cosme, Carla Vázquez Álvarez do CEIP San Miguel. En 5º curso: Lorena Fernández Afonso do CEIP San Cosme, Daniel Cortiñas do CEIP San Cosme. E en 6º curso: Diego Dorrego Díaz (do CEIP San Cosme), Rebeca Otero Rubio (CEIP San Miguel)

Exit mobile version