Site icon Crónica3.com A Mariña

O ala-pivote Minu chegou a un acordo co CD Burela FS para desvincularse do equipo laranxa

Nota de prensa
O ALA-PIVOTE MINU DEIXA O EQUIPO LARANXA

O ala-pivote Antonio Minuesa, máis coñecido como Minu, chegou a un acordo co CD Burela FS para desvincularse do equipo laranxa. A marcha do cordobés, que regresa á súa terra, responde a motivos estritamente persoais. Na súa despedida, o xogador estivo acompañado polo director xeral, José Luis Sáez, na sede da entidade.

Seis tempadas defendendo a camisola burelista e nada máis e nada menos que os cinco play offs de ascenso a Honra que leva disputados o conxunto mariñán avalan a traxectoria de Minu como unha das referencias do vestiario laranxa. O andaluz chegou á comarca na tempada 2004-05, procedente do Guadalajara; tras dúas campañas en Galicia e unha co Acesol Tucán, regresou a Vista Alegre en 2007-08.

O CD Burela FS despídese deste xeito de Minu respectando a decisión do honorable xogador, ao que a gran familia laranxa sempre lle deixará as portas abertas.

Exit mobile version