Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros di que está satisfeito pola posta en marcha do parque comarcal de bombeiros

Nota de prensa

ALFONSO FUENTE AMOSÓUSE SATISFEITO POLA POSTA EN MARCHA DO PARQUE COMARCAL DE BOMBEIROS DE BARREIROS, PERO LAMENTOU QUE OS ALCALDES DO PP DOS CONCELLOS AOS QUE PRESTARÁ SERVIZO NON FOSEN CONVOCADOS AO ACTO DE HOXE.

Barreiros, 17 de marzo de 2011. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, amosóuse satisfeito pola posta en marcha do parque comarcal de bombeiros, pero lamentou que os alcaldes do PP dos concellos aos que prestará servizo non fosen convocados ao acto desta mañá. O mandatario barreirense criticou “o uso partidista que a Deputación fixo do acto de hoxe”.

O rexedor amosóuse satisfeito, “porque como dixen no discurso nunca es tarde si la dicha es buena, a apertura do parque debe ser acollida con satisfacción, pero tamén é certo que leva moito retraso”.

Fuente Parga lamentou “o uso partidista que se quixo facer desde a Deputación deste acto. Trátase dunhas instalacións que favorecen a todos os veciños, todos deberíamos estar unidos, sobre todo as administracións, e máis cando neste parque traballaron todas xuntas. Que desde a Deputación, organizadora deste acto, non se chame aos alcaldes dos Concellos gobernados polo PP é lamentable, porque haberá que lembrarlle ao presidente da institución provincial que este parque nace do traballo dun dos anteriores rexidores de Barreiros como foi Manuel Díaz Sampedro”.

O alcalde de Barreiros lembrou que “él (Díaz Sampedro) xuntou a todos os seus compañeiros e alcaldes da zona alá polo ano 1993, fixo posible e asumiu o Concello a ecoplanta no seu municipio aguantando as críticas incluso do PSOE por acoller esa instalación aquí e a cambio o parque de bombeiros viña tamén para Barreiros. O que ás veces é lamentable é que os que agora se poñen á fronte na foto do parque de bombeiros noutro momento criticaron a ubicación da ecoplanta en Barreiros. Unha cousa levaba á outra e ese traballo e ese esforzo hai que recoñecerllo aos anteriores alcaldes e a algúns que aínda están hoxe a gobernar como Trabada ou Valadouro e tamén a Lourenzá. E eses rexedores non foron convidados ao acto de hoxe”.

Alfonso Fuente engadiu que “o resto todo é positivo, imos ter uns equipos con nova tecnoloxía, que entrarán en funcionamento posiblemente o día 2 de maio e eso é positivo. Ogallá que non tivesen que intervir nunca, pero si teñen que facelo poderán realizar o seu traballo cos equipos axeitados e eso é o que hai que destacar. Agardamos que se poña en marcha canto antes”.

Discurso do alcalde

“Sr. Alcalde de Barreiros dígame como está o tema do parque de Bombeiros”, preguntábame todos os anos, D. Manuel Fraga Iribarne, cando, como titular da Xunta de Galicia, presidía o acto de entrega das bandeiras azuis.

Señoras e Señores, o entonces presidente de Galicia estaba tremendamente interesado por esta instalación, entre outras razóns, porque él, a instancias do entonces rexedor de Barreiros, D. Manuel Díaz Sampedro, foi o que convenceu a D. Dionisio Gamallo Fierros, o seu íntimo amigo, para que cedera ao Concello estes terreos (que pertencian a Dna. Juana Lorenzo, a que nunca atopou nin os seus herdeiros para devolverlos) sobre os que agora se levantan as instalacións que estamos visitando e que se conseguiron gracias non só o Sr. Fraga e ó Sr. Gamallo, senón tamén ó Sr.Cacharro Pardo, naquel entonces, presidente da Deputación Provincial, aos cales, como rexedor barreirense, quero expresar hoxe e aquí, o noso público agradecemento. Por suposto que o fago extensible á Delegada Territorial da Xunta de Galicia e ó presidente da Deputación Provincial, Dna. Raquel Arias e D. José Ramón Gómez Besteiro, respectivamente, que copresiden comigo este acto.

Gracias pola colaboración prestada e por vir a Barreiros, onde sabemos corresponder espléndidamente, tanto a título privado como público, con aquelas persoas e institucións que saben do noso esforzo e, por tanto, prestan a súa axuda, para conseguir os nosos obxectivos de mellora no menor tempo posible.

Todos os veciños de Barreiros saben do grande esforzo realizado polas Corporacións pasadas por conseguir este importante servizo, non só para o Concello de Barreiros senón para toda a comarca. As primeiras xestións datan de antes de 1995. Despois de conseguir o visto bo dos Alcaldes da comarca central e oriental para a súa ubicación; en 1998, conseguíronse os terreos que posteriormente foron postos a disposición da Xunta de Galicia e Deputación Provincial, entidades que a partes iguais, sufragaron o importe da obras, uns 800.000€. As obras foron adxudicadas en maio do 2003, e por aquelo de que “nunca es tarde cuando la dicha es buena”, hoxe, case dez anos despois, estámolas inaugurando. Chegoulles a súa hora, e no momento máis axeitado; pois, a primavera non é mala época para preparar este tipo de servizos, que se ben son importantes todo o ano, no verán, ademais de fundamentais, son imprescindibles. De contar con eles coa antelación adecuada, posiblemente tivéranse evitado desgracias importantes, e neste mesmo concello.

Hoxe, sen embargo, non é día de reivindicacións, senón de acción de gracias, e felices estamos por contar cun deses servizos que nos gustaría que nunca houbera necesidade de empregar, porque sería síntoma claro da grande labor preventiva que se realizou. Así esperamos todos que aconteza, aínda que desexamos, como facían os pacifistas de antano que se preparaban primeiro para a guerra, contar cos servizos dispensables para garantir a nosa calidade vital antes de que as desgracias tiñan as nosas ilusións e esperanzas.

Gracias novamente a todos, aos veciños pola súa paciencia e ás autoridades, pola dignidade que aporta a súa presenza, a este importante acto. Barreiros, desde hoxe, ten un novo servicio e un novo compromiso, utilizará adecuadamente o primeiro e premiará aos que se comprometeron con el.

Exit mobile version