Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo afrima que o goberno de Burela é especialista en faltar ao respecto a outras localidades

Nota de prensa

VILLARES NON ENTENDE QUE LLANO PODA ESTAR MOLESTO POR NON INTERVIR NUN ACTO CELEBRADO NUN CONCELLO QUE NON É O DEL

* Recordou que o rexedor burelés a miúdo ten que ofrecer discursos en actos oficiais vencellados con institucións supramunicipais ubicadas no seu concello como o Hospital da Costa ou a Capitanía Marítima

* Para o rexedor cervense o Goberno local burelés é “especialista” en faltar ao respecto a outras localidades e puxo como exemplo a súa reincidencia en organizar unha festa gastronómica adicada ao ourizo unha semana antes da XX Festa do Ourizo de San Ciprián

Cervo, 12 de marzo de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, amosou hoxe a súa estrañeza polas criticas vertidas nos medios de comunicación por Alfredo Llano, rexedor de Burela, por non ter a oportunidade de intervir no acto de posta en funcionamento da nova ETAP da Senra celebrado no día de onte.

Villares, quen non quixo entrar en polémicas localistas neste asunto, sinalou que nestes casos o protocolo oficial marca que sexa a autoridade municipal onde se está a celebrar o acto quen faga uso da palabra. Recordou tamén que as súas palabras foron feitas co ánimo de cordialidade e entendemento dos dous concellos “e nunca en ton de enfrontamento ou diferencia”. Ao fío disto recordou que a infraestrutura que se estaba a inaugurar onte está ao 100% no término municipal de Cervo “e os recursos hídricos dos que se abastece tamén están en Cervo” dixo.

Exemplo no seu municipio

O rexedor cervense díxolle a Llano que debería ser particularmente sabedor desta forma de proceder en canto ao protocolo oficial marcado polas institucións, “xa que el, como alcalde de Burela, a miúdo ten que presidir actos oficiais vencellados con institucións supramunicipais ubicadas no seu concello como o Hospital da Costa ou a Capitanía Marítima. En tódolos casos é el quen intervén nos discursos a pesares de tratarse de infraestruturas ou institucións que abranguen a máis municipios co seu, e a pesares, tamén, de que en moitos destes actos tamén estamos presentes outros alcaldes” recalcou.

Falta de Respecto

Por último, Villares rexeitou as acusacións do alcalde burelés de falta de respecto aos cidadáns de Burela. “Parécenme unhas declaracións fora de lugar por completo. Non sei a que se debe esa reacción pola súa parte, aínda que si quere falar de falta de respecto non está de máis recordarlle el e os seus compañeiros de Goberno son uns especialista niso de faltar ao respecto a outras localidades. ¿Ou de que outro xeito de podería cualificarse a decisión do grupo de Goberno de Burela de organizar un ano máis unha celebración gastronómica de ourizo unha semana antes da Festa do Ourizo de San Ciprián? Iso si que é unha falta absoluta de respecto por parte dos gobernantes bureleses, e tamén sabemos que nisto nada teñen que ver os veciños desa vila” recalcou Alfonso Villares

Exit mobile version