Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo cree que a Deputación desprazou 7 persoas para entregar 5 aparellos informáticos

Nota de prensa

O CONCELLO DE CERVO AGRADÉCELLE Á DEPUTACIÓN QUE DESPRAZARA ATA CERVO A SETE PERSOAS PARA ENTREGAR 5 APARELLOS INFORMÁTICOS

2 cámaras, 1 responsable de protocolo, 1 chofer, 2 técnicos e a voceira socialista e representante do ente provincial foron necesarios para facer a entrega de dous portátiles, dous PC´s e unha impresora.

Cervo, 31 de abril de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, agradeceu esta mañá á Deputación provincial “o despregue de persoal e de infraestrutura” procedente desta institución para facerlle entrega ao consistorio de cinco aparellos informáticos (2 PC sobremesa, 2 portátiles e unha impresora).

Para o mandatario o feito de que a Deputación desprazara ata as dependencias municipais cervenses a seis persoas ademais da voceira socialista e representante provincial Lara Méndez para facer esta entrega é algo de agradecer. “Que se acheguen dende Lugo unha xefa de protocolo, un fotógrafo, un operador de cámara, 2 técnicos e 1 chofer xunto coa representante socialista para traernos cinco aparatos informáticos a mes e medio das eleccións non deixa de ser algo destacable” dixo.

Por último, Villares indicou que ademais destes aparellos entregados hoxe, nas vindeiras datas está previsto que o Concello reciba tamén da Deputación unha pantalla multimedia. “Non sei, pero ó mellor, ó tratarse dun aparello máis grande e voluminoso, incluso é posible que necesiten aínda máis xente para traelo” ironizou.

Exit mobile version