Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz anuncia que se investirán 450 mil euros no campo de herba artificial

Nota de prensa

450.000 € PARA O CAMPO ARTIFICIAL DE HERBA NO CONCELLO DE FOZ

Según confirma o Alcalde do Concello de Foz, José Mª García Rivera, a Deputación Provincial na Xunta de Goberno de venres 11 de marzo, acaba de aprobar para o Concello de Foz 450.000 €, adxudicando á obra á empresa Calfensa, tendo tres meses de prazo para realizala, esperando por parte desta Alcaldía que se faigan os traballos antes do tempo previsto, para convertir o campo municipal de fútbol de Malates en campo de herba artificial, o Alcalde do Concello de Foz dice que tomamos esta decisión porque entendemos que este recinto servirá para que máis xóvenes e maiores poidan practicar deporte en mellores condicións, o montante do diñeiro que custa facer a obra sae do que a Deputación Provincial lle concedeu ao Concello de Foz no Plan Especial de Inversións, en convenio asinado có Presidente de dita institución, é certo que o equipo de goberno do Concello de Foz podía invertir este diñeiro en outras necesidades pois era nosa a potestade de facelo, pero entendemos que esta era unha reivindicación da nosa masa deportiva e que non podíamos defraudar e a maiores todo o que se gaste en deporte, en cultura, en sanidade e protección social está ben gastado.

O próximo domingo ás 11 da mañá visitará o Concello de Foz, o Ministro de Fomento D. José Blanco López, para visualizar todas as obras realizadas no entorno do río Ouro e que se describen da maneira seguinte: recuperación da marxe esquerda dirección mar da praia Pampillosa, conectar a área recretativa da Pampillosa coa propia praia cun paseo por debaixo da ponte de FEVE e da ponta da N-642, creación da área recreativa con xogos infantiles e aseos na Pampillosa, sustitución da anterior ponte de Ferro, por unha nova de similares características para poder cruzar peatonalmente o río Ouro, conectar a ponte de Ferro coa ponte Vella, ésta recuperada íntegramente para salvagardar a seguridade de persoas e vehículos, realizar un paseo dende a área recreativa da Pampillosa, río arriba marxe esquerda, coa recuperación da obra Pía e da escola rural do entorno da Fonte da Aldea e ao mesmo tempo recuperación integral do canal conductor de auga e área verde detrás da obra Pía, comprar 4000 m2. de terreo para a recuperación dos muiños A Casona e o Forno no entorno do río Ouro.

A continuación o Ministro de Fomento acompañará ao Alcalde de Foz nun acto público do P.S. de G.-PSOE, a celebrar no Pavillón Torques de Marzán ás 11:45 horas da mañá, acompañados do Presidente da Deputación Provincial, do Secretario Provincial, Ricardo Varela, Alcaldes, militantes, simpatizantes e público en xeral, en dito acto José Mª García Rivera presentará a súa candidatura ás eleccións municipais de maio de 2011, destacando que nos cinco primeiros postos van 3 homes e dúas mulleres, renovando dos cinco postos 3 con respecto a anterior candidatura, curiosamente estes tres postos son dúas mulleres cunha idade menor de 30 anos, e un home tamén con menos de 30 anos de idade.

Exit mobile version