Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz asegura que o noso Concello volveu a cumprir coas asociacións do municipio

Nota de prensa

O Concello de Foz según o seu Alcalde, José Mª García Rivera, sigue o seu rumbro sen prisa pero sen pausa, dunha maneira tranquila, se fixeron os deberes en materia deportiva, así o noso Concello a diferencia do que din os aburridos do Partido Popular, que non fan máis que sembrar incertidumbre e informar un día sí e outro tamén de que o Concello de Foz, non ten liquidez, que está moi endebedado, e que dentro de pouco ata non van a cobrar os traballadores, temos que manifestar que si este é o equipo que pretende gobernar o noso Concello, flaco favor lle está a facer con afirmacións, falsas e carentes de todo fundamento.

O noso Concello volveu a cumplir coas asociacións do municipio, se fai uns días publicabamos o diñeiro entregado a Asociacións Culturais, hoxe facémolo coas Asociacións Deportivas, que xa cobraron ata o último euro que tiñan que percibir do reparto aprobado polo Concello, así o cobrado por cada Asociación é o seguinte:

– Club Deportivo Foz, subvención 2010……………. 12.000,00 €

– Club Baloncesto Celtas de Foz, 40% sub. 2010.. 11.000,00 €

– Asoc. Deportiva Santiago de Foz, sub. 2010…… 3.164,28 €

– Club Kayak, organización regatas

Piraguas 2009-2010 e subvención club ………….. 16.895,80 €

— Club Náutico de Foz, subv.2009-2010………….. 4.200,00 €

_________

TOTAL…………………………………. 47.260,08 €

Respecto ás subvencións sociais de todo tipo, o Concello de Foz non vai facer a publicidade das mesmas debido a que debemos manter un escrupuloso respeto á entrega de este tipo de subvencións.

O Alcalde de Foz quere manifestar, sobre a nota aparecida nun medio de comunicación donde o Fiscal pide para o Concelleiro de Obras deste Concello unha pena de 30 meses de carcel e inhabilitación para presentarse ás próximas eleccións municipais, entre outras cousas, que este feito ten unha filtración política interesada, e que o mesmo se produxo no ano 2006, e fora tema de debate largo, nas eleccións municipais de 2007, polo que non é unha novidade esta cuestión, e o único que se pretende é sacalo novamente en tempada electoral.

O Alcalde do Concello de Foz, José Mª García Rivera, e o Partido que sustenta o goberno, Partido Socialista de Galicia – PSOE, teñen un absoluto respecto ás decisións xudiciais, e neste caso a emitida polo Fiscal, será analizada polos responsables da nosa organización política, e se obrará en consecuencia, buscando sempre o mellor para os cidadáns.

O Alcalde manifestou que resulta repudiante que este asunto volva novamente ao debate político, interesado, pois xa sufrimos nas anteriores eleccións o debate do mesmo tema, pero algúns non teñen outra cousa que facer que andar revolvendo cuestións que deberían ter un respecto, sobre todo polas persoas.

Exit mobile version