Site icon Crónica3.com A Mariña

O ED EON Burela FS Benxamín A disputará as semifinais comarcais da Mariña

Nota de prensa:

O BENXAMÍN A CÍTASE COAS SEMIFINAIS COMARCAIS

O ED EON Burela FS Benxamín A disputará as semifinais comarcais da Mariña o sábado, despois de rematar segundo de grupo en Deporte Escolar. O conxunto laranxa medirase ao AD Praia de Covas, no pavillón do Colexio do Pilar, ás 10.30 horas.

ED Lourenzá e ACD Xove protagonizarán a segunda semifinal, ás 11.20 horas. Ás 12.30, daranse cita os vencedores, na final. Os equipos que cheguen a este último encontro representarán a bisbarra no campionato provincial.

Liga Nacional Xuvenil

Burela FS-Leis Pontevedra FS

Venres 25 de marzo, ás 20.45 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Autonómica Cadete

Barval FS-Burela FS

Sábado 26 de marzo, ás 18.00 horas, no pavillón de Calbagueiros do Barco de Valdeorras

Deporte Escolar

ED EON Burela FS Infantil B-ED Lourenzá Infantil

Sábado ás 26 de marzo, ás 10.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

A Mariña FS Infantil-ED EON Burela FS Infantil A

Sábado 26 de marzo, ás 12.30 horas, no pavillón municipal de Viveiro

ED EON Burela FS Infantil A-ED EON Burela FS Infantil B (xornada 4ª)

Sábado 26 de marzo, ás 18.30 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela

Fase Final Comarcal-Benxamín

AD Praia de Covas Benxamín-ED EON Burela FS Benxamín A

Sábado 26 de marzo, ás 10.30 horas, no pavillón do Pilar de Foz

Exit mobile version