Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG convoca unha concentración en Foz pola paz en Libia

Nota de prensa

Os nacionalistas chaman a mobilizarse aos veciños da Mariña

para parar unha guerra que só vai provocar mortes inocentes.

O BNG convoca unha concentración en Foz pola paz en Libia.

O Bloque Nacionalista Galego convoca maña Xoves 24 ás 20:30 diante do Concello de Foz unha concentración para denunciar o xenocidio que se está a cometer contra o pobo libio e condenar esta nova guerra iniciada polas potenciais occidentais que o único que vai é agravar a situación da poboación civil dese país do norte de África.

Os nacionalistas galegos esiximos unha solución negociada para este conflicto que pase pola resolución pacífica do mesmo a través do diálogo entre as partes enfrontadas e lamentamos o cinismo e a dobre moral dunha parte da comunidade internacional, a mesma que até hai meses armou ao réxime libio, e que hoxe afirma que se move por intereses humanitarios. Temos claro que tras a agresión militar só se agochan intereses económicos , fundamentalmente as reservas petrolíferas de Libia, é diante deste novo exerzizo de cinismo da comunidade internacional, esiximos un alto fogo inmediato e o respecto as vidas da poboación civil

O Bloque Nacionalista Galego que ten como un dos seus principios ideolóxicos básicos o pacifismo, quere alzar de novo o seu non a esta guerra, igual que fixemos no caso de Iraq ou de Afganistán e neste sentido convidamos a poboación da Mariña a sumarse a mobilización convocada para mañá. Non imos ser cómplices co noso silencio dunha guerra que vai provocar miles de víctimas, que vai agravar as tensións internas do mundo árabe e da que o principal prexudicado vai ser a xente de común , isto é a que vai morrer e a que vai sufrir as consecuencias da guerra.

Exit mobile version