Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Alfoz comprométese a realizar o PXOM na vindeira legislatura

Nota de prensa:
“O Bng de Alfoz comprométese a realizar o Pxom na vindeira legislatura”

Dende o Bng de Alfoz comprometémonos a realizar o Plan xeral de ordenación municipal na vindeira legislatura no caso de acadar a alcaldía.

E unha necesidade imperativa do concello de Alfoz ter un plan xeral para regular o solo e que os veciños do concello que o desexen poidan construir a súas casas.

E lamentable a situación do solo en Alfoz, o pp co anterior alcalde que tivo 38 anos non foi capaz de facer o pxom nin de crear ningún tipo de lexislación sobre o solo, nin de regular a súa situación, e iso que o cría fundamental para Alfoz como el mesmo declarou.

“que se imaxinen os veciños como estará de mal o concello nas mans desta xente do pp, o anterior alcalde non fixo o pxom en 38 anos e o actual ten declarado que igualar a anterior xestión é algo inalcanzable”

.

“O actual alcalde xa nos demostra día a día que ainda está conseguindo empeorar a xestión do anterior, considera o pxom un pilar básico para o concello e en 4 anos, en toda unha lexislatura non foi capaz de realizalo, anunciou que ía presentalo no primeiro semestre de 2008 e xa estamos en 2011 e nin se ve nin se lle espera, e eso que dixo en 2008 que xa se estaba redactando, pregçuntome si é posible unha mostra máis clara de deixadez e incompetencia”

A realidade é que no 2010 en Alfoz non se visou ningunha vivenda, e que un veciño de Alfoz ou persoa que queira residir no concello e queira construir unha casa non pode facela debido a ausencia do pxom. “Así teñen esta xente do pp o concello Alfoz nunca situación tan precaria, dende o 2003 é obligatorio que todos os concellos teñan plan de ordeación e estes dirigente do pp de Alfoz teñen os veciños pagando pola súa inoperancia”

“A xente do pp de Alfoz parece ser que son os únicos que non se decatan que a súa xestión está botando fora do concello a moita xente nova”

Exit mobile version