Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros organiza unha cea-prensentación dun novo número da súa publicación A Xanela

Nota de prensa

O VENRES TERÁ LUGAR A PRESENTACIÓN DO NOVO NÚMERO DA REVISTA A XANELA, QUE EDITA O BNG DE BARREIROS.

Barreiros, 2 de marzo de 2011. O vindeiro venres, 4 de marzo, ás 22 horas terá lugar a cea-presentación do novo número da revista A Xanela, que edita o BNG de Barreiros. Será no restaurante Yenka de Reinante. Entre os asuntos que aborda a publicación figuran o urbanismo, o estado da rede viaria municipal ou a construcción dunha marquesina na praza do Concello.

Á cea-presentación, ademáis de militantes e simpatizantes do BNG, pode asistir calquera veciño que o desexe. O convite fíxose extensivo tamén a todas as asociacións e colectivos do concello.

Os interesados en acudir poden facer as súas reservas chamando aos seguintes números de teléfono: 629 27 28 53 e 667 87 14 59

Exit mobile version