Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo asegura que está satisfeito polo inicio de obras de reparación do saneamento en Figueirido despois de 14 meses de espera

Nota de prensa

O BNG SATISFEITO POLO INICIO DE OBRAS DE REPARACIÓN DO SANEAMENTO EN FIGUEIRIDO DESPOIS DE 14 MESES DE ESPERA

Lamentan que tivera que pasar mais dun ano e unha denuncia conxunta do BNG e dos veciños no SEPRONA para que  Xunta e concello se puxeran a traballar

Os nacionalistas agardan que se reparen tódolos danos e se repoña o terreo ao seu estado orixinal

Cervo, 25 de marzo de 2011. O BNG saudou con satisfacción o inicio das obras para reparar os danos das riadas de xaneiro e xuño de 2010 en Figueirido onde o saneamento quedou inservíbel e vertendo ao ría Xunco dende aquela data. Os nacionalistas lamentan a espera de 14 meses nas que veciños e BNG solicitaron a súa reparación no concello sen que se dera resposta algunha e chegaron a presentar denuncia no SEPRONA  á vista da parálise tanto da Xunta como do goberno local. Os nacionalistas agora agardan a reparación de toda a infraestrutura de saneamento, a retirada das tubaxes antigas e a reposición do terreo ao seu estado orixinal.

Satisfacción polo inicio das obras e pola conciencia medio ambiental demostrada polos veciños de Figueirido

No día de hoxe varios operarios deron inicio ás obras de reparación dos danos causado polas riadas de xaneiro e xuño de 2010 no lugar de Figueirido para repoñer os cuantiosos danos causados polas riadas na infraestrutura de saneamento,  en varios muros de contención e nun camiño de acceso ao Río Xunco. Dende fai mais dun ano os veciños da zona veñen reclamando a súa reparación e en datas recentes presentaron conxuntamente co BNG unha denuncia diante do SEPRONA polos vertidos de augas residuais ao Río Xunco. O responsábel Local nacionalista, Luís Bernardo Insua, “mostrou a súa satisfacción polo inicio das obras que demostran que a presión e a unidade fai andar a maquinaria”, en referencia ao apoio da práctica totalidade dos veciños do lugar que denunciaron o caso no SEPRONA.

O BNG estará  vixiante para que se repare toda a infraestrutura de saneamento danada e a reposición do terreo ao seu estado orixinal

O nacionalista agora agarda a “reparación de toda a infraestrutura de saneamento danada, a retirada das tubaxes antigas, a reparación dos muros de contención e a recuperación dun camiño que baixaba ao Río Xunco”. Bernardo Insua advertiu que “o BNG estará vixiante para que se fagan efectivas todas estas obras, sen excepción.

Exit mobile version