Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo recórdalle ao PP que derrubou o Rivera Casas para facer un aparcamento en San Cibrao e non ten un edificio para gardería

Nota de prensa

A FALTA DE PRUDENCIA DO PP IMPIDE CONTAR CUN EDIFICO PARA TER UNHA GARDERÍA EN SAN CIBRAO

O edificio de infantil do Rivera Casas de propiedade municipal estaba feito e perdeuse para convertelo nun aparcamento

O PP prefire a confrontación política ao aproveitamento dos recursos e o servizo aos cidadáns

Cervo, 2 de marzo de 2011. O BNG saíu ao paso das sucesivas declaracións de representantes do PP en relación á cesión de locais na Casa do Mar de San Cibrao para destinalos a gardería. Os nacionalistas cualificaron de “polémica partidista interesada” a intención do goberno local de utilizar eses locais para gardería xa que o concello contaba ate o seu derrube con locais perfectamente adaptados para este fin no edifico de infantil do Rivera Casas, permitindo o aproveitamento de recursos propios sen ter que acudir a outros prestados que nin sequera tiña asegurados. Da a sensación de que o PP prefire buscar a confrontación permanente coas administración que non son da súa cor política, aínda que con isto se prexudique aos cidadáns do concello.

O goberno local comprometeu a gardería na Casa do Mar sen ter asegurada a cesión dos locais

O BNG acusou ao goberno municipal de Cervo de “falta de prudencia e de criar polémicas partidistas interesadas” ao comprometer o uso dos locais da Casa do Mar de San Cibrao para gardería cando non tiña asegurada a súa cesión. Para o portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, nestes casos adoitase dicir “que puxeron o carro diante dos bois, e neste caso non se sabe si foi intencionadamente”. O nacionalista manifestou que aquí so caben dúas opcións “ou estamos diante dun goberno imprudente e incapaz ou prefire a confrontación política aínda a costa de prexudicar á cidadanía”.

O concello dispuña de locais propios para gardería e preferiu derrubalos para convertelos nun aparcamento

Os nacionalistas critican a ausencia de criterio práctico do goberno municipal que non quixo aproveitar os locais do edificio de infantil do Rivera Casas para a gardería, “a pesar ser de propiedade municipal e estar perfectamente adaptados para este fin” , preferiu derrubalos e dedicalos a un aparcamento, “nun claro exemplo de mal aproveitamento dos recursos tanto económicos como de infraestruturas públicas”.

A resposta da TXSS tamén aclara que a cesión de locais ao concello no 2001 e nula

O goberno local ademais de meterse nun conflito institucional inútil e pouco produtivo que deberá aclarar a Dirección Xeral de Costas, xa sabe que a cesión ao concello por parte da Delegación Provincial de Sanidade no ano 2001 do Salón de Actos e a aula 2 da Casa do Mar e nula, en tanto que este organismo non era titular do edifico. Estúa afirmou que o PP camiña “de chapuza en chapuza e no canto de intentar amañar as cousas segue embarrándoas aínda mais”.

Exit mobile version