Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG propón a creación de parques de madeira en Alfoz

Nota de prensa

“O Bng propón a creación de parques de madeira en Alfoz”

Alfoz é un concello rural, no que o sector da madeira é o que produce máis empregos é o que xera maior riqueza.

A madeira supón un importante ingreso para moitos dos veciños do noso concello e igualmente crea moitos postos de traballo relacionados directamente co sector.

A empresas dedicadas a explotación do monte, sexan ou non do noso concello atópanse con moitos inconvintes no momento de sacar e cargar a madeira dos montes para o seu transporte, debido os dificultosos acesos e falta de lugares adecuados para realizar os mencionados traballos.

Os traballos para sacar a madeira dos montes ata os cargadoiros supoñen un importante coste sobre o precio da mesma e repercute directa e negativamente sobre o precio que os propietarios cobran por ela.

O non existir lugares adecuados para a carga e estiva da madeira créanse en moitos casos danos en pistas e camiños, ocasionados polos traballos de depósito e posterior carga da madeira para o seu transporte.

O Bng de Alfoz ten presentado unha moción para a realización de parques de madeira.

Dende o Bng instamos ó concello a que se realicen en todas as parroquias ó carón das estradas espacios habilitados para usar como parques de madeira, para ficilitarlles os traballos de estiva e carga da madeira a todas as empresas que exploten o monte no noso concello, e consecuentemente poidan pagar máis a madeira os propietarios do monte ó terlle que repercutir menos gastos e igualmente se eviten danos ocasionados en pistas e camiños por non existir lugares adecuados para a carga.

Que para a ubicación dos citados parques se teña en conta a opinión e necesidades das empresas do sector existentes no concello.

Que se aproveite e teñan en conta dende o concello a realización das pistas da concentración parcelaria para a realización dos parques de madeira.

Exit mobile version