Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS recibe mañá o Space Gasifred Ciutat d’Eivissa sen marxe de erro

Nota de prensa

O BURELA FS RECIBE O GASIFRED EIVISSA SEN MARXE DE ERRO

O Burela FS recibe mañá o Space Gasifred Ciutat d’Eivissa, na vixésimo novena xornada de Prata, sen marxe de erro para manterse na zona de privilexio. Como é habitual, Vista Alegre acollerá o encontro ás 18.30 horas.

O cadro laranxa intentará borrar o sabor amargo que quedou na bomboneira coa primeira derrota no feudo laranxa da tempada e loitará por inverter a mala etapa que non o deixa nin a sol nin a sombra nesta segunda volta. Porén, non será un camiño doado xa que os insulares virán dispostos a dar a sorpresa, arroupados por medio cento de afeccionados eivisencos. Dende a décimo quinta praza (28), o Gasifred precisa os puntos para tomar distancia cos postos de descenso; o bo comezo da segunda volta viuse frustrado nas últimas xornadas, cun calendario difícil e tres derrotas consecutivas (Zamora 8-2, Puertollano 0-3 e Navarra 1-2). No Sa Blanca Dona, o Burela FS impúxose por 3-6.

O capitán, Juanma, estará en condicións de disputar algún minuto, tras a ausencia de dous meses por unha lesión de xeonllo. Entrarán na convocatoria os xuvenís Juan e Antón.

Empatado cos laranxas, o Arcebansa Zamora (40), sétimo, viaxa a Navarra tras a xornada de descanso para medirse ao segundo. Por abaixo e custodiando a última praza de play off, o Lanzarote (37) mídese ao Albacete, décimo sexto, e o Unión África Ceutí (36) enfróntase ao Melilla, penúltimo.

Zamora. Os pupilos de Suso Rey visitarán a complicada pista do Ángel Nieto, nun vibrante duelo directo, o martes 15 para disputar a trixésima xornada, a partir das 21.00 horas.

Exit mobile version