Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FSF Pescados Rubén retoma a liga nacional o día 12 na cancha do Soto del Real


Nota de prensa

O BURELA FSF RETOMARÁ A LIGA NA CANCHA DO SOTO DEL REAL (12 DE MARZO)

Coincidindo co Campionato Nacional de Seleccións Territoriais de Estepona, coa presenza da laranxa Lidia no combinado galego, o Burela FSF Pescados Rubén aproveita a parada ligueira para repoñer forzas e preparar o próximo enfrontamento, o sábado 12 de marzo (18.00 horas), na cancha do Soto del Real, duodécimo clasificado.

Co fin de recuperarse dunha carga física xeneralizada, o cadro de Javier Pardeiro baixou esta semana a intensidade dos adestramentos compaxinándoos ademais con sesións de vídeo; a partir do vindeiro martes a preparación volverá á normalidade para afrontar a vixésimo primeira xornada de Honra nas mellores condicións.

Exit mobile version