Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FSF viaxa a Soto del Real coa baixa de Ro e a dúbida de Vanessa

Nota de prensa

O CADRO DE PARDEIRO VIAXA A SOTO DEL REAL COA BAIXA DE RO E A DÚBIDA DE VANESSA

O cadro de Javier Pardeiro viaxa mañá a Soto del Real coa baixa de Ro, por unha escordadura de nocello sufrida no adestramento de onte, e a dúbida de Vanessa, por molestias musculares. O encontro da vixésimo primeira xornada de Honra entre madrileñas e galegas arrincará ás 18.00 horas no municipal sotorrealeño.

Dende a quinta praza, o Burela FSF Pescados Rubén medirase ao duodécimo, un conxunto moi forte na casa. Dos 20 encontros disputados ata o momento, o Soto del Real sumou os seus 21 puntos actuais en 7 citas, 5 delas como local. A súa última vitoria foi na visita do Valladolid (2-1), rival directo das laranxas ante o que o equipo mariñán sucumbiu en Vista Alegre a xornada pasada (2-5).

Na primeira volta, os tres puntos subiron á cuadrícula burelista, co triunfo máis avultado da tempada para as filas mariñás (8-2).

Exit mobile version