Site icon Crónica3.com A Mariña

O candidato á alcaldía de A Pontenova do PP reuniuse con entidades sociais e cargos do seu partido

Nota de prensa

VISITA SECRETARIA XERAL DE FAMILIA E BENESTAR A A PONTENOVA

Susana Lopez Abella, Coordinadora de Política Social e Benestar do Partido Popular de Galicia e Secretaria Xeral de Familia e Benestar da Xunta de Galicia, reuniuse coas entidades sociais de A Pontenova, nun almorzó de traballo, organizado polo candidato á alcaldía Jorge García e acompañada polo Deputado e Secretario provincial do PP, Xosé Manuel Balseiro.

Neste almorzó interesouse polas necesidades e polos servizos que demandan as asociación sociais e os veciños de A Pontenova. Así mesmo, tamén explicou o importante aumento que ten feito a Xunta de Galicia nas achegas económicas ao Concello Pontenovés, como por exemplo para aumentar o servizo de axuda a domicilio e a dependencia. Neste almorzó tamén quixo deixar claro que o actual equipo de goberno pontenovés é un dos menos activos da provincia e de Galicia, xa que non ten proxectos nen trámites para levar a cabo ningunha das necesidades que demandan os veciños.

Pola súa banda, Jorge García comprometeuse a que nos primeiros tres meses de goberno, se sae elegido alcalde, terá presentados os proxectos para conseguir poñer en marcha en A Pontenova, unha escola infantil e un centro de día con residencia.

Exit mobile version