Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela premiará con traxes de neopreno aos gañadores do “III Certame de relato curto do mar”

Nota de prensa

O CONCELLO CONVOCA O III CERTAME DE RELATO CURTO DO MAR E PREMIARÁ  CON TRAXES DE NEOPRENO AOS GAÑADORES. ALFREDO LLANO E REMEDIOS LÓPEZ REPARTIRON HOXE AS BASES DO CONCURSO NOS COLEXIOS DE BURELA.

Burela, 31 de marzo de 2011. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira do Mar, Remedios López, facían entregas esta mañá aos alumnos dos colexios da vila dos traballos gañadores do II Certame de Relato Curto do Mar. Os rapaces puideron ver impresos os seus traballos da última edición.

Ademais Alfredo Llano entregóulles as bases para  o III Certame de Relato Curto do Mar, no que poderán participar nenos/as de Burela que estudian primaria e secundaria. Segundo explicaron LLano e López Villar “trátase de relatar mediante un escrito vivencias ou historias relacionadas co mundo do Mar, o tema para esta terceira edición será As vacacións, coa idea de que se abra un abano de suxerencias que o Concello estudará para publicitar no verán”.

Remedios López subliñou que “haberá tres premios, un para o 3º ciclo de Educación Primaria e dous para a ESO, este ano o agasallo para os gañadores serán traxes de neopreno para facer deportes acuáticos.  Todos os participantes terán un agasallo, só por participar. E entre todos os inscritos e participantes no acto de entrega sortearase unha Playstation3”.

A concelleira do Mar dixo que “o ano pasado este certame tivo moito éxito xa que se implicaron todos os colexios de Burela, os cales mandarán un representante para o xurado. Espérase igualar a participación ou incluso superala xa que todos os bureleses son coñecedores de historias mariñeiras”.

O prazo para entregar os traballos na biblioteca municipal estará aberto desde o 1 ata 16 abril. A entrega de premios farase no salón de plenos do Concello o 20 de Abril ás 12 horas. Alcalde e concelleira do Mar convidaron a todos os alumnos entre 10 e 16 anos a participar nesta nova edición.

Exit mobile version