Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz deu traballo a 29 persoas co Plan Lugo Emprega financiado pola Deputación

NOTA DE PRENSA

O Concello de Foz incorporou no día de hoxe a 29 traballadores procedentes do Plan Lugo Emprega financiado pola Deputación Provincial en materia de pago de salarios, e polo Concello na financiación da roupa de traballo e materiais para exercer as distintas labores.

O Alcalde do Concello de Foz e os encargados municipais da Brigada de Obras reuníronse a primeira hora da mañá con estes operarios para explicarlles as distintas tarefas que van a realizar, entrando dentro destes plans unha limpeza exhaustiva de todos os areais do municipio focense, para recoller todos aqueles materiais que chegas as nosas praias, destacando que é incribe o que solta o mar a nosa costa, estas labores van levar ocupadas a 6 personas máis de 20 días.

Os restantes traballadores serán utilizados para a limpeza viaria, labores de albañilería, pintura e outros menesteres, outra brigada dedicarase á emerxencia local, traballando en turnos de 10 a 17 horas e de 17 horas a 24 horas, en definitiva cada traballador xa sabe que tarefa lle corresponde.

O Alcalde destaca que este plan é un plan importante, e que realmente hai que dicir que quedaron moitos traballadores e traballadoras sin ter acceso ao mesmo, polo que seguiremos traballando para buscar fórmulas e poñer enrriba da mesa outros plans que ocupen a máis personas, votando en falta unha vez máis á Xunta de Galicia que có presuposto que manexa debía de volcarse en crear emprego.

Exit mobile version