Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove pide colaboración á cidadanía para o desfile de Antroido do sábado 5 de marzo

A Concellería de Cultura de Xove , pide colaboración veciñal para o desfile de Antroido do sábado 5 de marzo; solicítaselle que dende AS 15:00 Horas e ata o remate do desfile non se estacione na marxe dereita da Avenida Deputación (en dirección a Viveiro), dende a pizzería New Burguer ata o Bar a Esquina.Preténdese mellorar o paso do desfile, dado que as carrozas, grupos, comparsas, etc. e o público asistente disporán de máis espazo, uns para desfilar e os outros para presenciar o desfile.

Exit mobile version