Site icon Crónica3.com A Mariña

O edil de Obras de Burela critica o atraso na construción da escollera de contención da Folgueirosa

Nota de prensa

PASCUAL DOMÉNECH CRITICA O RETRASO CO QUE SE INICIOU A CONSTRUCCIÓN DA ESCOLLEIRA DE CONTENCIÓN NO CAMIÑO DA FOLGUEIROSA, UNS TRABALLOS POLOS QUE EN BURELA LEVAN AGARDANDO PRETO DUN ANO.

Burela, 23 de marzo de 2011. O concelleiro de Obras e Servizos, Pascual Doménech critica o retraso co que se iniciou a construcción da escolleira de contención no camiño da Folgueirosa, uns traballos polos que en Burela levan agardando preto dun ano. O edil socialista lembra que a Xunta cualificou a obra de emerxencia no seu momento, cando se produciron as intensas choivas e riadas de xuño do ano pasado.

Pascual Doménech sinala que “por fin deron comenzo as obras da construcción da escolleira de contención no camiño da Folgueirosa. O retraso foi repetidamente denunciado polo Concello nos últimos meses, xa que este continuo aprazamento supuxo un perxuizo e un trato discriminatorio para Burela. A lentitude con que a Administración Autonómica acomete esta construción obrigou a manter a estrada pechada durante nove meses, debido a que non se atopaba nas debidas condicións de soportar o tráfico rodado”. O edil socialista engade que “o retraso veu motivado polos recortes presupostarios que se produciron na Consellería de Medio Rural, e acometer a obra por medio da SPI, co cal teñen máis fácil establecer prioridades solo nos concellos nos que goberna o PP, sen importarlle para nada os cidadáns gobernados por outra opción política que non é a súa”.

O concelleiro de Obras lembra que “esta obra, cualificada polo goberno galego como obra de emerxencia, motivo polo que supoñemos só tardan case un ano en acometela, foi asumida pola Xunta, xunto con outras actuacións en seis camiños de Burela, debido ás intensas choivas e riadas acaecidas no mes de xuño de 2010. Este compromiso de reparación existe dende o mes de agosto do ano pasado, leva un gran retraso na súa execución, que motivou as críticas de moitos concellos pola súa lentitude en asumir as responsabilidades que lle competen á Xunta, xestión, por certo, tan desastrosa e exenta de axilidade, que tivo que ser a Deputación de Lugo quen asumira os custes da reparación da ponte do Perdouro”.

Exit mobile version