Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno da Xunta inventa un trazado para non investir 90 millóns de euros na variante de Viveiro, asegura o PSOE

Nota de prensa

REGO DENUNCIA QUE O GOBERNO DE FEIJOO INVENTA UN CAMBIO DE TRAZADO PARA NON INVESTIR OS 90 MILLONS DE EUROS NA VARIANTE DE VIVEIRO

-O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego cualificou de “impresentable que o Conselleiro considerase poucas as alegacións presentadas”

-Denuncia que con este cambio de trazado o PP parte pola metade un val dos mais fermosos de Galicia, a parroquia de Galdo

– Díxolle ao Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestructuras que lle debía caerlle a cara de vergonza, por impulsar este trazado, xa que terá un gran impacto socioeconómico e medioambiental

-Pediu responsabilidade ao Goberno de Feijoo “collan o proxecto que tiñan, porque ese é compatible con facer o aceso ao núcleo de Viveiro e sobre todo co desenvolvemento urbano e económico do Concello e coa defensa dos intereses dos veciños de Viveiro”

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interveu hoxe no Pleno da Cámara para preguntar ao Conselleiro de Infraestructuras pola paralización da execución da variante de Viveiro. Alí denunciou que o Goberno de Feijoo inventa un cambio de trazado para non investir os 90 millóns de euros na variante de viveiro, previstos na pasada lexislatura. Cualificou de “impresentable que o Conselleiro considerase poucas as alegacións presentadas”, xa que foron presentadas polos veciños de Magazos e o Pleno da Deputación Provincial, e preguntoulle cantos mais terían que alegar a xuízo do Conselleiro.

O deputado socialista saudou en primeiro lugar aos veciños de Viveiro que presenciaron este debate hoxe no Pleno do Parlamento. Sinala que esta infraestructura é un cuello de botella por mor do volume de trafico que soporta tódolos días. Di que na pasada lexislatura o Goberno de Touriño acadou un acordo cos veciños afectados e o concello, facéndose a adxudicación da asistencia técnica para a redacción do proxecto, que quedou a disposición do actual Goberno e que a día hoxe o mantén paralizado nun caixón co pretexto dun cambio de trazado que naide quere.

E denuncia que con este cambio de trazado o PP parte pola metade sen ningún sentido nin xustificación, un val dos mais fermosos de Galicia, a parroquia de Galdo. Díxolle ao Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestructuras que lle debía caerlle a cara de vergonza, por impulsar este trazado. E pediulle a que atenda as alegacións realizadas polos veciños de Viveiro, do Concello e a Deputación Provincial.

Asegura que a Xunta non quere investir 90 millóns de euros “parécelles moito para unha comarca que leva esperando ducias de anos por esta obra”, e insistiu “por iso alegan unha milonga dun cambio de trazado”, e co todo o mundo esta en contra.

Reclama responsabilidade

Pediu responsabilidade ao Goberno de Feijoo “collan o proxecto que tiñan, porque ese é compatible con facer o aceso ao núcleo de Viveiro e sobre todo co desenvolvemento urbano e económico do Concello e coa defensa dos intereses dos veciños de Viveiro”, resumiu.

E concluíu “deixen de marear a perdiz para solucionar no prazo mais breve posible a accesibilidade no concello de Viveiro e no seu contorno comarcal”, algo que considerou “fundamental para comunicar as comarcas da Mariña e Ortegal e do interior de Galicia”.

Exit mobile version