Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Ribadeo acordou un plano de regulación que permitirá dar cabida a máis vendedores

Nota de prensa

FERNANDO SUÁREZ ASEGURA QUE O MERCADO SEMANAL DE RIBADEO GOZA DE MOI BOA SAÚDE. A XUNTA DE GOBERNO APROBOU UN PLANO DE REGULACIÓN QUE PERMITIRÁ DAR CABIDA A MÁIS VENDEDORES.

Ribadeo, 23 de marzo de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que o mercado semanal de Ribadeo goza de moi boa saúde. A xunta de goberno aprobou un onte un plano de regulación que permitirá dar cabida a máis vendedores.

O rexedor contou que “nestes últimos días adoptamos unha serie de accións para mellorar actuacións, a convivencia e a recadación no mercado semanal dos mércores. Hai que ter en conta que hai uns dous anos houbera problemas con algúns dos ambulantes, queixábanse de que o Concello facía unhas novas medicións, xustas pola nosa parte, pero eles chegaron a impugnalas e agora hai pouco tempo tivemos unha sentencia xudicial que confirma que o que o Concello facía naquel momento estaba ben feito”. Suárez Barcia subliña que “aquela sentencia veu dar a razón sobre a medición real dos postos, que serviu de base para a elaboración dun plano que na xunta de goberno de onte se aprobou por unanimidade dos seus membros. Este plano serve tamén de base para obter máis espazos, para que agora se poidan adxudicar a máis xente que está en lista de espera desde hai anos”.

O alcalde anunciou que “a partires de hoxe poñeremos un bando para lembrarlles aos ambulantes que así o desexen que veñan confirmar a súa pretensión de instalarse no mercadillo municipal de Ribadeo. E desde que hai dous anos iniciamos esta política de diálogo, pero tamén de firmeza melloramos moitísimo a eficacia recadatoria, sen incrementar para nada a tarifa e os prezos, simplemente que aplicamos algo tan básico como que cadaquen pague polos metros cadrados que ocupa, segundo recolle a ordenanza desde tempo inmemorial”. Fernando Suárez lembrou que “no pleno de hai dous días consensuamos coa meirande parte da Corporación Municipal facer unha serie de cambios no sistema de pagos para que sexa máis fácil para eles, eso sí sen renunciar a que o Concello cobre o que as tarifas marcan nin para máis nin para menos”.

Suárez Barcia considera que “esta polémica vivida hai dous anos, un pouco artificial por parte dalgún grupo da oposición, quedou en nada. Houbo algún Concello que quixo montar un mercado paralelo… penso que a día de hoxe o mercado de Ribadeo goza de moi boa saúde, recáudase ben, é un mercado vivo e con esta nova aprobación do plano de regulación vai poder entrar máis xente e vánse eliminar inxustizas como a que se estaba a dar nos últimos tempos”.

……………….

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA DE DATA 23 DE MARZO DE 2011:
EN EXECUCIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE DATA 22 DE MARZO DE
2011 REFERENTE Á LISTA DE ESPERA DE SOLICITANTES DE POSTO NO MERCADIÑO
MUNICIPAL
Tendo sido aprobado en data de onte pola Xunta de Goberno Local novo plano do Mercadiño Exterior dos
mércores da Praza de Abastos no que se inclúen e recoñecen espazos libres e aptos para postos de nova
adxudicación, e considerando a existencia dunha lista de espera publicada no Boletín Oficial da Provincia de
12 de abril de 2008 onde figuran solicitantes de posto no citado Mercadiño,
RESOLVESE:
Primeiro: Facer público o listado de solicitantes a tal data a efecto de que en prazo de 15 días hábiles dende a
publicación no Boletín Oficial da Provincia confirmen ou rexeiten a súa condición de efectivos solicitantes
de posto de venda. A confirmación deberá vir acompañada da aportación da seguinte documentación:

Fotocopia e orixinal da escritura de sociedade vixente para persoas xurídicas e DNI ou tarxeta de residencia
e permiso de traballo para persoas físicas, nacionais e extranxeiros non pertencentes a un país membro da UE
respectivamente

Xustificante de estar ó corrente no pago na Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Carnet de manipulador de alimentos, se é o caso

Tarxeta de inscripción no Rexistro de Comerciantes Ambulantes de Galicia expedida pola Consellería de
Innovación e Industria

Declaración con domicilio a efecto de notificacións, teléfono de contacto, producto de venda e metros
cadrados solicitados
Segundo: No suposto de non terse confirmado e aportado a documentación precisa no prazo outorgado,
entenderase que decae da súa solicitude, co valor de proposta de resolución ao efecto e dándose igualmente
polo mesmo prazo a audiencia preceptiva:
NOME
E
APELIDOS
ENDEREZO
PRODUCTO DE
VENDA
ENTRADA
REXISTRO
NO
CONCELLO
M. Mar Tribaldos
Pérez
Gradas 6 – Ibros
(Jaén)
Prantas medicinais
07/01/2002
José
Montoya
Romero – Dolores
Romero Hernández
Milagrosa 12; 1º –
Vegadeo
Roupa interior
18/10/2004
Enrique
Romero
Suárez
Dolores 12; 3ºA –
Gijón
Roupa
24/11/2004
Lahsa Arroba
Avenida de Galicia,
113 – Vegadeo
Roupa
27/12/2004
Youssef Boudrad
Ctra. Xeral Fazouro
– Foz
Roupa
24/01/2005
Amparo Jiménez
Jiménez
Antonio Otero, 54 –
Ribadeo
Roupa
23/03/2005
Ramón
Salazar
García
Rúa Galdín, 8; Ent.
B – San Ciprián
Textil
04/05/2005
Nancy
Nieto
Espinosa

Armando Obbrizzo
Travesía del Poste,
3 – Navia
Textil
01/06/2005
Juan
Fernández
Granda
San Juan de la
Arena
Roupa
01/06/2005
Page 2
Ana
Torres
Colonques
Fontangordo, 3 – A
Pontenova
Textil
01/08/2005
Alexander Zorrilla
Avenida de Galicia,
35; 6C – Lugo
Roupa-calzados-
bisutería
08/11/2005
Jesús López Vizoso Cantarrana, 13; 2º –
Lugo
Textil
29/11/2005
Josué
Barrul
Montoya
San Miguel, 14 –
Ribadeo
Textil
30/11/2005
Celso Pablo de la
Viride
La Campesa, 1 Loz
– Touro – Santiago
Texidos
16/02/2006
Alimentación
A
Mariña SL
Magisterio – O
Vicedo
Polos asados e
derivados
22/02/2006
Miguel
Ángel
Posada Vigil
Severo Ochoa 1;
3ºB – Raices Nuevo
– Castrillón
Bisutería – artigos
de regalo
24/04/2006
José
Antonio
Rodríguez
Avenida de Madrid,
19-21; 6D – Lugo
Xamóns
e
embutidos
29/06/2006
M. Isabel González
Orgaz
La Granja, 2; 1ºF –
Vegadeo
Churros
11/08/2006
M. Isabel Amaya
Borja
Leopoldo Alas P06
4 – Tapia de
Casariego
17/08/2006
Jonathan Romero
Suárez
Avda.
Eduardo
Castro, 143; 1ºD –
Gijón
10/01/2007
Lahcen Aitbouvihia San
Isidro
Labrador, 17; 3
Esq. – Lugo
Roupa
06/02/2007
Diego
Salazar
Giménez
Rúa da Viela, 1 –
San Ciprián de
Cervo
Roupa
03/01/2007
Mustapha Hamdi
Avenida de Galicia,
63 – Vegadeo
Artigos de regalo
10/04/2007
Abdellah Handi
Buena Vista s/n –
Navia
Artigos de regalo
10/04/2007
Laura
González
Pérez
Primo de Rivera,
20; bloque A, Ático
H – Tapia de
Casariego
Artesanía
09/11/2007
Roco
Manzano
Borja
Arquitecto
Villamil, 30 –
Tapia de Casariego
Roupa
28/11/2007
Blanco-Pernas
Aduana, 5; 1º – San
Ciprián
Ferretería
21/01/2008
Libertad Montoya
Jiménez
Padre Feijoo, 2 –
Ribadeo
14/02/2008
Isabel
Jiménez
Romero
Serantes – Lomban,
2 – Tapia de
Casariego
14/02/2008
Abdelmoumim
Hafid
Cangas de Foz
Roupa
22/02/2008
M.
Encarnación
Iglesias Romero
Fondrigo Galicia,
43 – Vegadeo
18/03/2008
Page 3
Terceiro: a notificación individualizada ás direccións obrantes no expediente e a publicación no Boletín
Oficial da Provincia de Lugo, no mercado semanal e nos medios de comunicación
En Ribadeo, 23 de marzo de 2011
O alcalde,
Ante min,
O secretario,
Asdo: Fernando Suárez Barcia
Asdo: Manuel J. Díaz Sánche

Exit mobile version